Pola Orde do 23 de abril de 2019 pola que se aproban as bases e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2018/19, e aprobáronse as bases desta convocatoria.
De acordo co establecido no artigo 10 desta convocatoria, as solicitudes foron estudadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria a cal acordou a exposición das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, podendo as persoas interesadas formular, durante un prazo de 10 días, as reclamacións ou emendar as carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada ante a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.
Rematado este prazo, e de acordo co establecido no artigo 13 das bases da convocatoria, e atendendo á proposta elevada pola citada comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,
RESOLVO:
Artigo 1
Concederlles axudas de mobilidade complementarias, no marco do programa comunitario Erasmus+, ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que se relaciona no anexo I desta orde e pola contía que se especifica.
As axudas aboaranse na conta bancaria indicada pola persoa interesada, unha vez acreditado, mediante certificación, que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Esta certificación poderá ser substituída pola declaración responsable que figura dentro do anexo I da Orde do 23 de abril, segundo se regula no artigo 11 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 2
O incumprimento total ou parcial, por parte das persoas beneficiarias, de calquera das condicións establecidas na Orde de convocatoria do 23 de abril de 2019 (DOG do 9 de maio), constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polas persoas beneficiarias ou solicitantes, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 3
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de julio de 2019
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional
ANEXO I
Proposta de concesións
Apelidos |
Nome |
Centro |
Contía adxudicada |
Alamancos Millán |
Breogán |
EASD Ramón Falcón |
495 € |
Aneiros González |
Pablo |
EASD Mestre Mateo |
1.125 € |
Barajas Vela |
María |
CMUS Vigo |
1.985 € |
Blanco Martínez |
Irene |
ESCRBC de Galicia |
1.670 € |
Carnés Mariño |
Carmen |
EASD Pablo Picasso |
500 € |
Couso Martínez |
Miguel |
ESAD de Galicia |
825 € |
Fernández Cambas |
Aldana |
EASD Mestre Mateo |
1.475 € |
Fialho Pérez |
Marta |
ESAD de Galicia |
1.325 € |
Freire Belgrave |
Samantha |
EASD Pablo Picasso |
500 € |
García Alonso |
Iago |
CSMU de Vigo |
1.755 € |
González Parada |
Sara |
EASD Mestre Mateo |
1.170 € |
Herrera Landaeta |
Muriel |
EASD Mestre Mateo |
625 € |
Hughes Sanmartín |
Sabela |
CSMU A Coruña |
1.125 € |
Iñiguez Dopico |
Aida |
EASD Pablo Picasso |
390 € |
Lamela Puente |
Pablo |
EASD Ramón Falcón |
995 € |
Martín López-Pardo |
Emma Isabel |
EASD Mestre Mateo |
825 € |
Millán Fontaíña |
Míriam |
CSMU A Coruña |
975 € |
Morales Rey |
Kevin |
CSMU A Coruña |
1.727,5 € |
Municipio Díaz |
Agustín |
ESCRBC de Galicia |
990 € |
Muñiz Boquete |
David |
EASD Pablo Picasso |
890 € |
Muñoz da Gloria |
Alba |
ESAD de Galicia |
1.485 € |
Ortiz García |
Marina |
CSMU de Vigo |
1.490 € |
Paz Pombar |
Águeda |
ESCRBC de Galicia |
2.255 € |
Ramos Campos |
Helena |
EASD Pablo Picasso |
500 € |
Ramos Miramontes |
Lucía |
EASD Mestre Mateo |
975 € |
Reboredo Ortega |
Álvaro |
ESAD de Galicia |
1.485 € |
Ribullen Viqueira |
Natasha Xhagira |
EASD Pablo Picasso |
1.170 € |
Rodríguez Álvarez |
Ana |
EASD Mestre Mateo |
1.170 € |
Rodríguez de Dios |
Amparo |
ESAD de Galicia |
1.652,5 € |
Sáinz Calviño |
Carlos |
EASD Pablo Picasso |
1.325 € |
Sánchez Morales |
Beatriz |
CSMU A Coruña |
1.985 € |
Soneira Ramos |
Alicia |
ESCRBC de Galicia |
830 € |
Suárez Gil |
Ero |
EASD Mestre Mateo |
825 € |
Vilela Piñeiro |
Daniel |
ESAD de Galicia |
1.485 € |
Total |
40.000 € |