Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 34038

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Palas de Rei

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial do polígono industrial de Palas de Rei.

Mediante Acordo do Pleno de data 1.2.2019, en sesión extraordinaria, aprobouse definitivamente o Plan parcial do sector polígono industrial de Palas de Rei, o que se publica para os efectos dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 199 e 208 do seu regulamento.

«O Pleno do Concello de Palas de Rei, en sesión extraordinaria celebrada o 1 de febreiro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo.

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan parcial do sector polígono industrial de Palas de Rei, coas modificacións resultantes das alegacións formuladas e dos informes emitidos.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, xunto á publicación deste acordo publicarase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no medio ambiente da aplicación do plan e a referencia á dirección electrónica na que figurará o contido íntegro do plan a disposición do público.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de Urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro do Plan Urbanístico de Galicia, achegando un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado».

Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste concello [http://palasderei.sedelectronica.es].

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na coruña, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor vostede calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Palas de Rei, 2 de xullo de 2019

Pablo José Taboada Camoira
Alcalde