Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 34025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2019 pola que se fai público o cofinanciamento nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, do contrato de obra formalizado de mellora do sistema de abastecemento de Outeiro de Rei (expediente OH.227.665).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indican por razón do seu cofinanciamento por parte da Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo, código postal 15706.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela.

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e https://sede.xunta.gal, do portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, da Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45232150-8.

4. Código NUTS da localización principal das obras: ES112 Outeiro de Rei (Lugo).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de mellora do sistema de abastecemento de Outeiro de Rei. Outeiro de Rei (Lugo).

Clave do expediente: OH.227.665.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 495.867,77 euros. Importe total: 600.000,00 euros.

8. Valor estimado do contrato: 545.454,55 euros. Inclúe o referido importe do orzamento base de licitación sen IVE e o importe do eventual exceso de medición pola variación no número de unidades de obra indicado no cadro de características do contrato, de conformidade co disposto no artigo 242.4 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

9. Prazo de execución do contrato: seis (6) meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acórdase tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, para os efectos de determinar a mellor oferta como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 51 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 21 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 14 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 29 de marzo de 2019.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 27.

12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 18.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: non procede.

13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 10 de abril de 2019.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Petrolam Infraestructuras, S.L.

14.2. NIF: B-32304115.

14.3. Enderezo: rúa Progreso, 153-2ª planta, 32003 Ourense.

14.4. Código NUTS: ES113.

14.5. Teléfono: 988 60 89 95.

14.6. Fax: 988 60 90 01.

14.7. Correo electrónico: petrolam@petrolam.es

14.8. Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto 369.619,84 euros. Importe total: 447.240,01 euros.

16. Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) Galicia 2014-2020. A actuación enmárcase dentro do Programa de desenvolvemento rural na medida 07 «Servizos básicos e renovación de poboacións en zonas rurais», submedida 7.2 «Apoio aos investimentos na creación, mellora ou ampliación de todo tipo de pequenas infraestruturas, incluídos os investimentos en enerxías renovables e aforro enerxético» e prioridade 6 de desenvolvemento rural «Fomentar a inclusión social, a redución da pobreza e o desenvolvemento económico nas zonas rurais». Europa inviste no rural.

O 25 % restante do gasto elixible será cofinanciado por Augas de Galicia nun 17,50 % e polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación nun 7,50 %.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: Doutor Maceira, 18-baixo.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela.

17.4. Código postal: 15706.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil do contratante: 6 de agosto de 2018.

Publicidade da adxudicación no perfil do contratante: 29 de marzo de 2019.

Publicidade da formalización do contrato no perfil do contratante: 25 de abril de 2019.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2019

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia