Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 34020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2019 pola que se fai público o cofinanciamento nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato de servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra do colector interceptor e tanque de tormentas de Rianxo (expediente OH.315.1160).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo, código postal 15706.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela.

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

1.8. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 71311100-2.

4. Código NUTS do emprazamento principal das obras: ES111 Rianxo (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra do colector interceptor e tanque de tormentas en Rianxo. Rianxo (A Coruña).

Clave do expediente: OH.315.1160.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 144.142,94 euros. Importe total: 174.412,96 euros.

8. Valor estimado do contrato: 158.557,23 euros. Inclúe o referido importe do orzamento base de licitación sen IVE e o importe da eventual variación no número de unidades de execución indicado no cadro de características do contrato de conformidade co disposto no artigo 309.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

9. Prazo de execución do contrato: vinte e sete (27) meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1. Adxudicación do contrato: acórdase tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares para os efectos de determinar a mellor oferta como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2. Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 49 %), análise do proxecto da obra (ponderación 21 %), metodoloxía para a execución dos traballos (ponderación 20 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %) e mellora técnica vinculada á execución do servizo (ponderación 10 %)

11. Data da adxudicación do contrato: 18 de febreiro de 2019.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1. Ofertas totais: 14.

12.2. Ofertas de pequenas e medianas empresas: 6.

12.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4. Ofertas por vía electrónica: non procede.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 18 de marzo de 2019.

14. Empresa contratista:

14.1. Nome da empresa ou, se é o caso, UTE: Serye Ingenieros, S.L.

14.2. NIF: B-70543012.

14.3. Enderezo: estrada de Cambre-Temple, 3-2 D, 15660 Cambre (A Coruña).

14.4. Código NUTS: ES111.

14.5. Teléfono: 620 96 36 10.

14.6. Fax: 981 25 22 87.

14.7. Correo electrónico: serye@seryeing.com

14.8. Pequena ou mediana empresa: non.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto 109.900,06 euros. Importe total: 122.089,07 euros.

16. Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos». Prioridade de investimento 6.2. «O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos». Obxectivo específico 6.2.1. «Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga». Actuación 6.2.1.2. (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO): «Medidas de reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas». Operación «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Arousa. Aglomeración de Rianxo». Unha maneira de facer Europa.

Polo que deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2. Enderezo: Doutor Maceira, 18-baixo.

17.3. Localidade: Santiago de Compostela.

17.4. Código postal: 15706.

17.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6. Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

17.7. Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 6 de agosto de 2018.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 18 de febreiro de 2019

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 26 de marzo de 2019.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2019

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia