Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2019 Páx. 34055

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2019 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de xullo de 2019 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia xustifícase polas necesidades funcionais e organizativas actuais.

En consecuencia, por proposta da Presidencia da Xunta de Galicia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 18 de xullo de 2019, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta, nos termos que se sinalan nos anexos a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación. Non obstante, as modificacións contidas no anexo II terán efecto desde o 5 de marzo de 2019, data da entrada en vigor do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2019 polo que se aproba a relación de postos de traballo dos órganos superiores e de dirección da Presidencia da Xunta de Galicia, publicado no DOG núm. 44, do 4 de marzo.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 18 de xullo de 2019, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2019

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file

Código -

Descrición das formas de provisión

C

Concurso

LD

Libre designación

Código -

Descrición das formacións específicas

278

Coñecementos e/ou experiencia en materia de medicina deportiva, nutrición ou cardioloxía (mérito)

399

Especialidade en medicina deportiva/máster en materia de medicina deportiva (mérito)

Código -

Descrición doutras administracións

AXG

Adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia

Código -

Descrición das áreas funcionais

CON

Contratación

ECO

Económica-orzamentaria