Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2019 Páx. 34308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental da conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria, treito A Pobra de San Xiao-Sarria centro, nos concellos de Láncara e Sarria (expediente 2018/0256).

De conformidade co artigo 47.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, formulado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 8 de xullo de 2019, da conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria, treito A Pobra de San Xiao-Sarria centro, nos concellos de Láncara e Sarria (Lugo), promovido pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

O dito informe poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático