Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2019 Páx. 34309

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 11 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RA/AG/2015/00102 interposto contra a resolución ditada no expediente PROV-8079.

En aplicación da disposición transitoria terceira, alínea a), da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Viña Almirante, S.C.G. a resolución do recurso de alzada RA/AG/2015/00102 interposto contra a resolución ditada no expediente PROV-8079.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, situadas no Complexo Administrativo San Caetano, bloque 5, Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 10 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2019

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade