Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2019 Páx. 34294

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 28 de xuño de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso como persoal laboral fixo do grupo I na categoría de técnico/a superior de tecnoloxías da información e comunicacións, polo sistema de promoción interna e de acceso libre.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 128, do 8 de xullo de 2019, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 32071, onde di: «17. Entorno de desenvolvemento PHP. Framework e compoñentes Semfone», debe dicir: «17. Contorna de desenvolvemento PHP. Framework e compoñentes Symfony».