Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2019 Páx. 34292

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 3 de xullo de 2018 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

En virtude da Resolución do 3 de decembro de 2018 (DOG núm. 238, do 14 de decembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo).

Posteriormente, a persoa aspirante que a seguir se relaciona presentou a súa renuncia aos seus dereitos de participación no referido proceso selectivo.

Tendo en conta o disposto no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Excluír da relación definitiva de aspirantes admitidos ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, a seguinte persoa aspirante:

DNI

Apelidos e nome

***4768**

Herbón Meilán, Marta

Segundo. Incluír a dita persoa aspirante na relación definitiva de aspirantes excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, polo motivo 43 (desistencia da solicitude).

Terceiro. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública