Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 26 de xullo de 2019 Páx. 34452

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 15 de xullo de 2019 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

Mediante Orde do 10 de novembro de 2016 (DOG do 13 de decembro), fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o Consello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.3 da citada Lei 6/2013 establece que «a representación dos intereses sociais no Consello Social corresponde a personalidades da vida cultural, profesional, económica, laboral ou social, de acordo coa seguinte distribución: o presidente ou presidenta do Consello Social; seis membros designados polo Parlamento de Galicia; seis membros designados pola Xunta de Galicia; un membro designado por cada un dos sindicatos máis representativos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; catro membros designados polas organizacións empresariais máis representativas dos sectores estratéxicos da economía galega na área de influencia da universidade; un membro designado polas corporacións dos municipios en que se sitúan os campus; un membro designado pola asociación de antigos alumnos de cada unha das universidades, un membro designado polos colexios profesionais, a través da súa entidade asociativa máis representativa, vinculados coa oferta formativa de cada unha das universidades».

A condición de persoa membro do Consello Social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

O Consello Social da Universidade de Vigo, remite á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional o día 12 de xullo de 2019 escrito no que comunica a designación de Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa como representante no Consello Social da Universidade de Vigo, en substitución de Jorge Cebreiros Arce.

Por todo isto, proponse a publicación, mediante orde da consellería, o seguinte nomeamento:

Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa como representante da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), no Consello Social da Universidade de Vigo.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do Consello Social lle serán comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear a Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa como representante da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), no Consello Social da Universidade de Vigo, por renuncia de Jorge Cebreiros Arce.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional