Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 26 de xullo de 2019 Páx. 34546

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para dúas prazas de persoal.

Prazas: (1) técnico/a coordinador de proxecto (referencia FNS-19-TCP1).

(1) técnico/a superior de proxecto (referencia FNS-19-TSP1).

Proxecto que se vai desenvolver: desenvolvemento de sistemas intelixentes de xestión da produción de taboleiros MDF.

Modalidade contractual: contratos temporais a xornada completa para a realización de proxecto específico de investigación científica e técnica regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación e, en particular, polos artigos 12 e 15 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede da Fundación Cesga (avenida de Vigo, s/n, Edificio Cesga). Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela e na páxina web (http://www.cesga.gal/ofertas_emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web da Fundación Cesga.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2019

Mauro Fernández Dabouza
Director xerente da Fundación Cesga