Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 26 de xullo de 2019 Páx. 34543

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de requirimento de xestión de biomasa (expediente Biom000083-1_2019).

Referencia ao artigo concreto que habilita a publicación no Diario Oficial de Galicia: artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Suposto de feito concorrente: intentada a notificación, non se puido efectuar; resultado: descoñecido/a.

Para os efectos de garantir o trámite da notificación, publícase este anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, co seguinte contido:

Comunicación para lembrar o cumprimento das obrigas legais sobre prevención e defensa contra os incendios forestais.

• Expediente: Biom000083-1_2019.

• Datos catastrais da parcela: 15074A019015090000KQ, localizada na rúa das Covas, lugar da Ameixida, Castiñeiras (Ribeira).

• Identificación da persoa/entidade responsable e título polo cal é considerada como tal: Promociones José Martín, S.A. (A26039453).

• Título/procedencia dos datos: listaxe IBI. O intento de notificación ao domicilio coñecido resultou infrutuoso, polo que resulta necesario publicar no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia este aviso.

• Feitos que motivan a comunicación ou o requirimento e modo de constatación destes:

Vexetación accesoria de especies non permitidas en toda a superficie do predio.

• Concreta obriga incumprida co seu fundamento legal:

Obriga de xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que finalice o mes de maio de cada ano, excepto nos supostos en que, pola extensión ou especial dificultade dos labores de xestión de biomasa ou retirada de especies, sexa necesaria a elaboración dunha planificación anual das actuacións, conforme o artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Os mesmos criterios aplican con carácter subsidiario en solo urbano.

• Traballos que deberán realizar os titulares/responsables dos terreos:

Xestión de biomasa accesoria en toda a superficie do predio e retirada ou trituración dos restos. Xestión de biomasa accesoria que poida invadir a vía pública e as propiedades lindeiras, e retirada ou trituración dos restos.

• Prazo máximo para o cumprimento voluntario, que se computará desde o día seguinte ao da recepción da notificación da comunicación ou do requirimento ou da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e será de quince (15) días.

• Apercibimento:

Apercíbese de que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo outorgado, se procederá á execución subsidiaria sen máis trámites.

A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento ten a obriga legal de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria. Este último ten a facultade de acceder sen necesidade de consentimento da persoa titular, excepto naqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución.

Liquidación provisional dos custos aos cales previsiblemente dará lugar a referida execución subsidiaria, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez finalizados, de ser o caso, os traballos:

A liquidación provisional consiste no establecemento dunha cantidade estimada por hectárea dos traballos necesarios para xestionar a biomasa.

Liquidación provisional: non estimada.

• Advertencia:

En caso de persistencia no incumprimento logo do transcurso do prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador.

De conformidade co establecido polo artigo 54 da Lei 3/2007, do 9 de abril, as competencias para incoar, instruír e resolver os procedementos sancionadores por infraccións derivadas do incumprimento das obrigas incluídas no ámbito de aplicación desta instrución corresponden: a) Aos concellos nos supostos de incumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa e ao redor das novas instalacións, urbanizacións e edificacións, sempre que se encontren en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural. b) Á Administración xeral da Comunidade Autónoma en todos os demais casos.

O incumprimento da obriga de xestionar a biomasa conforme o previsto nos artigos 21, 21 ter e 22 e na disposición transitoria terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, está tipificado como infracción en materia de incendios forestais (artigo 50.2.1). Cualificación: leve (artigo 51.3.b). Sanción prevista: multa desde 100 ata 1.000 euros (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, segundo o previsto no artigo 50.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril).

Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

• Normativa aplicable:

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia; a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Ribeira, 2 de xullo de 2019

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde