Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 26 de xullo de 2019 Páx. 34542

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO polo que se fai pública a Resolución do 30 de maio de 2019 referente á convocatoria para prover varias prazas vacantes no corpo da policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 110, do martes 11 de xuño de 2019, e número 126, do mércores 3 de xullo de 2019, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes no corpo da policía local na OEP 2018 e 2019.

O Concelleiro responsable da Área de Persoal, Réxime interior e Patrimonio convocou, mediante Resolución do 30 de maio de 2019, os procesos selectivos para a cobertura de diversas prazas vacantes no corpo da policía local no Concello de Pontevedra incluídas na Oferta de Empreo Público dos anos 2018 y 2019, que a continuación se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: inspector principal.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 14. Denominación: policía.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, publicándose os sucesivos anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de editos da Corporación nos términos establecidos nas bases.

Pontevedra, 4 de xullo de 2019

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura