Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 29 de xullo de 2019 Páx. 34638

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2018 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal dos corpos da Policía Local dos concellos de Galicia.

Aprobado o programa anual de actividades para o ano 2019 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) polo Consello Reitor, de acordo co establecido no artigo 9.2b) da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, convócanse os cursos de formación continua dirixidos aos/ás policías locais de Galicia, correspondentes ao segundo semestre do ano 2019, cuxas bases e características se especifican nos anexos desta resolución.

A Estrada, 18 de xullo de 2018

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Destinatarios

Poderán participar nos cursos convocados por esta resolución os/as policías locais de Galicia que se atopen en situación de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares.

A baixa laboral por incapacidade temporal impide a participación nas accións formativas convocadas, polo que de producirse esta situación, os/as interesados deberan comunicalo a Agasp de xeito inmediato, no caso de non facelo serán penalizados coa non participación en accións formativas da Agasp nun ano a contar dende o día seguinte a que se teña coñecemento do feito, e no caso de estar realizando efectivamente un curso, non se emitira ningún diploma del.

Será revisable a admisión de persoas en baixa laboral por incapacidade temporal, cando a mesma veña producida por accidente de traballo recoñecido como tal e a asistencia ao curso non interfira na recuperación.

Reservarase un 10 % das prazas ofertadas para o persoal das persoal das forzas e corpos de seguridade pública que traballen en Galicia, que poderá aumentarse no suposto de quedar prazas vacantes ou que se especifique nesta convocatoria a distribución das prazas entre corpos, así como eliminarse tal reserva nos cursos de maior demanda, indicándose tal suposto.

Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp reservase a facultade de anular a actividade formativa.

Segunda. Solicitudes

1. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (htpp://agasp.xunta.es), non se admitira ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp, manteña nactualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o telefono móbil, co obxecto de posibles comunicacións, no suposto de non ser correctos ou exactos ditos datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas solicitantes dará lugar a exclusión automática do curso solicitado, así como a imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normativizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. No caso de atoparse nalgún dos supostos que a continuación se indican, o/a solicitante deberán remitir a Agasp, no mesmo prazo establecido para o envío da solicitude de inscrición, a certificación orixinal ou fotocopia legalizada que acredite tal situación (non será preciso, se tal documentación xa obra en poder da Agasp, neste caso, deberán comunicalo na propia solicitude).

a) Profesionais que estean gozando ou gozaran nos dous últimos anos, dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia por coidado de familiares.

5. Cando o curso para o que presenta solicitude requira a presentación de documentación complementaria co obxecto de acreditar circunstancias especificas de acordo cos criterios de selección, deberá remitir tal documentación por fax (886 20 61 22) por correo electrónico (formación.agasp@xunta.gal) ou de acordo co establecido no artigo 16 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6. O prazo de presentación de solicitudes será desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o día 9 de setembro de 2018 as 14.00 horas para os cursos que se realizan durante o mes de setembro e ata o día 22 de setembro para o restantes doscursos.

7. O número máximo de cursos que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a 5 por solicitante.

No caso de que unha mesma persoa presente máis solicitudes das permitidas, a Agasp de xeito automático elixirá as primeiras 5 accións formativas solicitadas.

8. Non esta permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no que xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o/a alumno/a non poderá participar noutros cursos durante un ano desde que se detecte este feito.

Terceira. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se indican, sen prexuízo que cursos específicos se requiran outros diferentes, o cal se indicará na ficha de cada acción formativa concreta.

1. Menor número de cursos realizados na Agasp nos dous últimos anos.

2. Por orde de inscrición.

Terán preferencia na selección os/as candidatos/as que estean gozando ou gozasen, nos dous últimos anos, dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución da xornada ou dunha excedencia para o coidado de familiares, sempre que cumpran cos requisitos obxectivos para ser destinatarios do curso.

Ademais, de conformidade co establecido no artigo 37 bis da Lei 7/2004, para a igualdade de homes e mulleres, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas organizadas ou financiadas pola Administración pública galega, reservarase un 50 % das prazas a mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

Cuarta. Admisión

1. A Agasp publicará na súa páxina web a relación de persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, con polo menos, 5 días antes do inicio de cada curso.

O prazo de presentación de alegacións será de dous días desde a súa publicación.

Os/as alumnos/as seleccionados serán informados da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxeira telefónica, todos aqueles que non figuren na relación, non foron seleccionadas, ben por que ocupan un posto máis alonxado na listaxe de reservas, ben por que foron excluídas por algún motivo dos expresados nesta convocatoria, todo de acordo co previsto nos artigos 42 e 43 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Agasp reservase o dereito de solicitar aos concellos de procedencia todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

2. O alumnado seleccionado so poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificada ou necesidade do servizo sempre que se acredite documentalmente o feito alegado polo xefe/a do corpo da policía local do concello no que traballe ou persoa responsable del.

No caso de cambios de cadrante ou quendas de traballo, deberán quedar acreditados suficientemente os motivos e que se coñeceron con posterioridade a solicitude de inscrición no curso.

A renuncia debe ser comunicada por escrito a través do modelo que figura na páxina web da Agasp e cunha antelación de 3 días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A renuncia non xustificada ou a non acreditación documental da causa que a produce suporá a exclusión da persoa seleccionada nos seguintes 10 cursos que se convoquen polo Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp e nas que a persoa figurase como posible destinataria, sen contar edicións repetidas, cursos xa realizados e que a lo menos teñan a mesma carga horaria, do curso polo que foi penalizado.

Quinta. Asistencia aos cursos

1. É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos.

Durante a realización dos cursos levarase un control permanente da asistencia a través dos sistemas que se establezan para o efecto, podendo realizarse controis de asistencia extraordinarios.

Unicamente se autorizará a ausencia por causas xustificadas e debidamente acreditadas e, en ningún caso, poderá superar o 10 % das horas lectivas.

A ausencia xustificada superior ao 10 % do total das horas lectivas suporá a perda do dereito a expedición do diploma, no caso de haber unha segunda edición do curso en cuestión, o Servizo de Formación en Seguridade Pública poderá valorar a posibilidade de que o/a alumno/a poida recuperar as horas non realizadas na edición anterior, en todo caso para poder valorar esta posibilidade non pode transcorrer máis de seis meses entre unha edición e a seguinte.

A falta de asistencia dun número superior ao 10 % das horas lectivas sen xustificación ou falta de acreditación documental da causa alegada no só dará lugar á perda do dereito ao diploma do curso, senón tamén a penalización coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, contados desde o día seguinte ao da finalización do curso.

2. O alumnado asistirá aos cursos co uniforme regulamentario. No caso de non facelo, e non existir causa suficientemente xustificada, a Agasp poderá impedir a asistencia ao curso e non emitira diploma nin ningún certificado acreditativo.

Sexta. Certificación

1. Para poder superar os cursos o alumnado debera superar unha proba de avaliación que se levará a cabo ao seu remate, naqueles cursos que sexan de aproveitamento.

Sétima. Desenvolvemento dos cursos

1. A Agasp poderá suspender a realización de actividades formativas convocadas cando sexa necesario por motivos técnicos ou insuficiencia de solicitudes de participación.

2. A Agasp poderá modificar as datas, horarios, contidos e desenvolvemento dos cursos, así como resolver todas as continxencias e incidencias que poidan xurdir.

3. A Agasp poderá programar cursos diferentes cando así veña exixido por circunstancias que afecten a organización, xestión e docencia.

ANEXO II

Código

Denominación

Horas

Prazas

Data comezo

Data remate

191144

Detección de drogas na condución

16

25

11.11.2019

12.11.2019

191145

Investigación de accidentes de tráfico

65

25

2.10.2019

20.11.2019

191146

Investigación de atropelos

20

25

4.11.2019

6.11.2019

191154

Delitos contra a seguridade viaria e outros delitos relacionados co tráfico

5

25

20.9.2019

20.9.2019

191155

Vehículos de mobilidade persoal. Práctica de probas de alcoholemia. Taxa de alcoholemia aplicable

4

25

27.9.2019

27.9.2019

191147

Curso sobre transportes

20

25

25.11.2019

27.11.2019

191148

Aplicación práctica da lei de seguridade cidadá

16

25

23.10.2019

24.10.2019

191153

O dereito de protección de datos no ámbito policial. A problemática dos datos dixitais

10

25

24.9.2019

24.9.2019

191156

Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos

16

25

7.10.2019

8.10.2019

191192

Menores e Internet, ciberacoso, sexting, grooming e pornografía infantil

16

25

21.10.2019

22.10.2019

191193

Actuación sobre adicións con e sin substancia

16

25

2.10.2019

3.10.2019

191159

Adolescentes e redes sociais

8

25

30.9.2019

30.9.2019

191194

Novas substancias psicoactivas, drogas facilitadoras de asalto sexual e submisión química

8

25

25.9.2019

25.9.2019

191195

Investigación de incendios

12

25

16.10.2019

17.10.2019

191149

Básico aplicador de produtos fitosanitarios

25

35

27.11.2019

29.11.2019

191160

Superior de urbanismo, medio ambiente e protección do patrimonio

40

25

14.10.2019

29.10.2019

191150

Actuación práctica ante os tribunais*

100

25*

17.9.2019

3.12.2019

191157

Inspección e control do nematodo da madeira do piñeiro

4

50

19.9.2019

19.9.2019

191158

Novidades da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais

4

50

26.9.2019

26.9.2019

191179

Evitar a discriminación, a aporofobia e o edadismo

16

25

9.10.2019

10.10.2019

191163

Patrimonio Cultural do Camiño de Santiago

8

25

7.11.2019

7.11.2019

191165

Métodos de intervención policial en trastornos do desenvolvemento infantil

4

25

4.10.2019

4.10.2019

191166

Medidas de autoprotección

8

20

18.9.2019

18.9.2019

191167

Medidas de autoprotección

8

20

19.9.2019

19.9.2019

191168

Operativa policial

16

20

2.12.2019

3.12.2019

191162

Krav Maga

8

20

29.10.2019

31.10.2019

191152

Tiro con pouca visibilidade ou nocturno

12

12

10.10.2019

11.10.2019

191169

Condución policial

12

12

16.9.2019

17.9.2019

191170

Condución policial

12

12

16.9.2019

18.9.2019

191171

Prevención de riscos laborais actividade policial

16

25

4.11.2019

5.11.2019

191180

Prevención de riscos psicosociais: o estrés laboral

20

25

14.10.2019

16.10.2019

191173

Rescate en altura e medio natural

16

16

9.12.2019

10.12.2019

191178

Patrón de embarcacións de lecer PEL**

52

20

16.9.2019

29.11.2019

191181

Competencias comunicativas para o traballo coa mocidade

16

20

8.10.2019

9.10.2019

191175

Técnicas de apertura policial e situacións de emerxencia

16

25

1.10.2019

2.10.2019

191176

Técnicas de apertura policial e situacións de emerxencia

16

25

3.10.2019

4.10.2019

191177

Técnicas de apertura policial e situacións de emerxencia

16

25

7.10.2019

8.10.2019

191151

Operador de Intervencións policiais en espazos confinados***

20

20

16.9.2019

25.9.2019

* A reserva de prazas é: 10 prazas Policía Local, 5 prazas Policía Nacional, 5 prazas Garda Civil e 5 prazas UPA. A selección do alumnado non pertencente a Policía Local será realizada polas xefaturas/zona de cada corpo.

** Non se reservan prazas para persoal diferente á Policía Local.

*** Requisito imprescindible ter feito o nivel I.