Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 29 de xullo de 2019 Páx. 34645

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 7 de abril), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 18 de xullo de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio de 2019 (DOG número 107, do 7 de xuño) designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas polos aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Segundo. Que de acordo co establecido na base II.1.1.1 da Orde da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha cualificación mínima de quince (15) puntos, debendo obter unha puntuación non inferior a seis (6) puntos en cada unha das probas de que consta o exercicio.

Terceiro. Que, de acordo co disposto na base II.1.2.7 da Orde da convocatoria os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas cualificacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de xullo do 2019

María Regina Losada Trabada
Presidenta do tribunal