Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 29 de xullo de 2019 Páx. 34646

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

ACORDO do 8 de xullo de 2019 polo que se anuncia a convocatoria de probas selectivas para ingresar por quenda libre nunha praza do corpo superior.

As medidas de planificación dos recursos humanos para ano 2018 adoptadas pola Mesa do Parlamento de Galicia, conforme o acordado nas mesas de negociación, inclúe a provisión dunha praza do corpo superior do Parlamento de Galicia.

En cumprimento deste obxectivo e ao abeiro do disposto nos artigos 30.1.2 e 60.3 do Regulamento do Parlamento de Galicia e no artigo 16 do seu Estatuto de persoal, a Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión do 8 de abril de 2019, acordou convocar un proceso selectivo para ingresar por promoción interna no corpo superior do Parlamento de Galicia para cubrir a antedita praza e aprobar as bases correspondentes, segundo establece o artigo 39.1 do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia.

O anuncio desta convocatoria publicouse no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia número 462, do 16 de abril de 2019 e no Diario Oficial de Galicia número 84, do 3 de maio de 2019. O prazo para a presentación de solicitudes para participar no antedito proceso selectivo rematou o pasado 23 de maio de 2019.

Ao non terse presentado ningunha solicitude no prazo establecido, a Mesa do Parlamento, na súa reunión do 4 de xuño de 2019, acordou declarar deserta a convocatoria por promoción interna e convocar un proceso selectivo en quenda libre para o ingreso nunha praza do corpo superior do Parlamento de Galicia.

Por todo iso, a Mesa do Parlamento de Galicia acorda aprobar as bases que rexerán esta convocatoria, ao abeiro do disposto nos artigos 30.1.2 e 60.3 do Regulamento do Parlamento de Galicia e o artigo 16 do seu Estatuto de persoal, e que son as seguintes:

Bases da convocatoria

Primeira. Normas xerais

1.1. O obxecto desta convocatoria é a selección dunha persoa para ingresar no corpo superior do Parlamento de Galicia e cubrir unha praza do grupo A, mediante acceso libre. O sistema selectivo será o de oposición.

1.2. Ao proceso selectivo seralle aplicable o Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia (DOG nº 248, do 26 de decembro de 2007) e, supletoriamente, a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (TRLEBEP), e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

1.3. O nomeamento no marco do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia conferiralle á persoa seleccionada, para todos os efectos, o carácter de funcionario/a de carreira do corpo superior do Parlamento de Galicia desde a data da toma de posesión, sen prexuízo do establecido na base oitava.

Segunda. Requisitos das persoas aspirantes

Para seren admitidas ao proceso selectivo, as persoas interesadas deberán posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, e manter ata o momento da toma de posesión como funcionaria/o, os seguintes requisitos:

2.1. Nacionalidade.

Poderán participar no proceso selectivo:

a) As persoas de nacionalidade española.

b) As persoas nacionais dalgún dos Estados membros da Unión Europea.

c) As persoas nacionais dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadoras/es.

d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes das persoas de nacionalidade española e das nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

2.2. Idade.

Ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade de xubilación forzosa.

2.3. Titulación.

Estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial de grao en calquera rama, na data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Tamén poderán acceder a este corpo as persoas que estean en posesión das titulacións de licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou equivalente.

As persoas interesadas con formación ou titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título ou da formación. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións regulamentadas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

2.4. Capacidade funcional.

Non padecer enfermidade ou discapacidade que impida o desempeño das funcións e tarefas correspondentes.

2.5. Habilitación.

Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa fose separada ou inhabilitada.

No suposto de persoas nacionais doutros Estados, non estar inhabilitada ou en situación equivalente, nin ter sido sometida a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

Non poderán participar no proceso selectivo as persoas que xa pertencen ao corpo de funcionarios obxecto desta convocatoria.

Terceira. Solicitudes

As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán formular a súa solicitude segundo o modelo que figura no anexo II destas bases, que tamén estará dispoñible na páxina web do Parlamento de Galicia www.parlamentodegalicia.gal

As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral do Parlamento de Galicia, na rúa do Hórreo, nº 63, 15701 Santiago de Compostela, ou na forma establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As solicitudes tamén se poderán formular na sede electrónica do Parlamento de Galicia https://sede.parlamentodegalicia.gal

As solicitudes dirixiranse á Presidencia do Parlamento de Galicia.

O prazo de presentación será de vinte días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3.1. Documentación.

– Modelo de solicitude, segundo o anexo II, cuberto.

– Fotocopia do DNI.

– Xustificante de ter aboados os dereitos de exame ou, na súa falta, de ser o caso, documentación acreditativa de encontrarse nalgunha das situacións a que fai referencia esta convocatoria susceptibles da exención do pagamento.

3.2. Dereitos de exame.

O importe dos dereitos de exame será de 42,24 euros, que se aboarán mediante transferencia bancaria na conta corrente Abanca ES 50 2080 0388 21 3110000 502, na cal se indicará: «Taxas selección CSL» e o nome e apelidos e DNI da persoa aspirante.

Ás persoas aspirantes excluídas do proceso selectivo devolveráselles o importe ingresado, sempre que o soliciten no prazo dun mes, contado desde a publicación da relación definitiva de admitidos e excluídos no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.

Non obstante, estará exento do pagamento da taxa dos dereitos de exame quen estea incurso nalgunha das situacións a que fai referencia a normativa vixente en materia de taxas da Comunidade Autónoma de Galicia.

3.3. Discapacidade.

As persoas interesadas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán solicitar, de seren necesarias e xustificadas, posibles adaptacións de tempo e medios especiais para a realización dos exercicios.

De ser o caso, deberán indicalo na súa solicitude, especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente, e achegar coa solicitude a documentación acreditativa correspondente. De formular a solicitude por sede electrónica, para compulsa da documentación achegada será de aplicación o disposto no parágrafo final da base 8.1.

Cuarta. Admisión de persoas aspirantes

4.1. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Presidencia do Parlamento de Galicia aprobará as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas inicialmente a través dunha resolución que será publicada no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia www.parlamentodegalicia.gal, coas causas das exclusións, se for o caso.

4.2. As persoas aspirantes excluídas inicialmente dispoñerán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, para poderen alegar ou emendar, de ser o caso, o defecto que motiva a exclusión.

Quen, no prazo sinalado, non repare a causa de exclusión ou alegue a omisión será definitivamente excluído da participación no proceso selectivo.

4.3. Ao transcorrer o antedito prazo, a Presidencia ditará unha nova resolución pola que se aprobará a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as, que se publicará no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web corporativa. A estimación ou desestimación das emendas achegadas entenderase implícita nesta resolución definitiva e a súa publicación servirá de notificación a quen presentase alegacións.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este órgano no prazo dun mes, ou ben poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ambos os dous desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión dos requisitos exixidos nestas bases. Cando da documentación que deba presentarse, no caso de superar o proceso selectivo, se desprenda que non posúe algún dos requisitos, a persoa interesada decaerá en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación neste procedemento.

Quinta. Tribunal cualificador

5.1. Composición.

O tribunal cualificador do proceso será designado pola Presidencia do Parlamento de Galicia de acordo coa normativa reguladora da función pública aplicable nesta materia. Non poderá estar composto maioritariamente por persoal do corpo ou escala de que se trate. Ningunha persoa integrante terá titulación inferior á exixida para a admisión ás probas. Na súa composición débese atender aos principios de imparcialidade e profesionalidade e ás normas de igualdade de mulleres e homes.

A resolución do nomeamento será publicada no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web corporativa www.parlamentodegalicia.es

O tribunal poderá acordar solicitar á Oficialía Maior a incorporación de asesores e asesoras especialistas para as probas correspondentes aos exercicios que coide necesario, que se limitarán a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales persoas asesoras deberáselle comunicar á Presidencia do Parlamento de Galicia.

5.2. Abstención e recusación.

Os membros do tribunal deberán absterse ou poderán ser recusados por calquera persoa interesada, e, particularmente, polas persoas aspirantes, cando concorra algún dos supostos previstos nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes relativas a procesos selectivos de acceso ao corpo e escala a que corresponde a praza obxecto desta convocatoria, nos cinco anos anteriores ao da súa publicación. Neste caso, deberanllo comunicar á Presidencia do Parlamento.

Cando se produza esta situación, e, consecuentemente, a vacante dun membro do tribunal titular, o seu suplente cubrirá o devandito posto e a Presidencia designará un novo ou unha nova suplente.

A persoa que presida o tribunal, na sesión de constitución, deberá facer, e solicitarlles aos demais membros do tribunal e, de ser o caso, tamén ás persoas asesoras previstas na base 5.1 que a fagan, unha declaración expresa de non se encontraren incursos nas circunstancias previstas nos parágrafos anteriores.

5.3. Constitución e actuación.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia da maioría dos seus membros e será necesaria, en todo caso, a presenza do presidente ou da presidenta e do secretario ou da secretaria.

As decisións do tribunal adoptaranse por maioría dos presentes.

Por cada sesión do tribunal redactarase a acta coa sinatura do secretario ou secretaria e o visto e prace do presidente ou presidenta.

Correspóndenlle ao tribunal cualificador as funcións relativas á determinación concreta do contido dos exercicios e a cualificación das persoas aspirantes, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo. O tribunal queda facultado para resolver todas as dúbidas que xurdan na interpretación e aplicación das normas contidas nas bases da presente convocatoria, e para determinar a actuación procedente nos casos non previstos.

O tribunal adoptará as medidas oportunas que permitan que as persoas aspirantes con algunha discapacidade que así o indicasen na solicitude poidan participar nas probas en igualdade de condicións que o resto das persoas participantes.

En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superou o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao da praza convocada. Será nula de pleno dereito calquera proposta de selección que o contraveña.

Para os efectos de comunicacións e posibles incidencias, o tribunal cualificador terá a súa sede no domicilio oficial do Parlamento de Galicia, rúa do Hórreo, nº 63, 15701 Santiago de Compostela.

Sexta. Proceso de selección

O sistema de selección será o de oposición. Os temas que rexerán as probas selectivas serán os publicados como anexo I a estas bases.

Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, na data de publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia do nomeamento do tribunal, estean publicadas oficialmente no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior. As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que fosen derrogadas parcial ou totalmente, nas condicións temporais do parágrafo anterior, serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total.

6.1. Exercicios.

A proba selectiva consistirá na realización de catro exercicios eliminatorios e obrigatorios, salvo a excepción establecida para o cuarto exercicio, que se refire no apartado 6.1.4.

6.1.1. Primeiro exercicio. Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento vinte (120) preguntas tipo test, máis seis (6) preguntas de reserva para o caso de que se anule algunha das primeiras, todas elas referidas ao contido do temario que se inclúe como anexo I.

Por cada pregunta formularanse catro (4) respostas alternativas, das que só unha delas será a correcta. Este exercicio valorarase de 0 a 36 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de dezaoito (18) puntos.

Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal se terá en conta que por cada resposta incorrecta se descontará un terzo dunha resposta correcta.

O tempo máximo para a realización do exercicio será de cento cincuenta (150) minutos.

6.1.2. Segundo exercicio. Só para as persoas aspirantes que superasen o primeiro exercicio.

Suposto práctico, con dúas partes, sobre as seguintes materias:

– Dereito administrativo.

– Emprego público, xestión de persoal e dereito laboral.

– Contratación administrativa.

– Facenda pública e xestión económica.

– Primeira parte: consistirá na realización dun caso práctico tipo test, que consistirá en contestar trinta (30) preguntas, con catro (4) respostas alternativas, das cales só unha delas será a correcta, máis catro (4) preguntas de reserva, sobre un ou varios textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo de duración desta parte do exercicio será de sesenta (60) minutos.

Esta primeira parte cualificarase de 0 a 18 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o que se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un terzo duna resposta correcta.

– Segunda parte: consistirá en desenvolver un suposto práctico.

Neste suposto práctico as persoas aspirantes poderán levar e consultar os textos legais que consideren oportuno. Admítense as versións consolidadas, aquelas en que figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial.

Esta segunda parte cualificarase de 0 a 18 puntos. Correspóndelle ao tribunal determinar a súa puntuación atendendo á correcta resolución do suposto, aos coñecementos reflectidos, á claridade, á orde de ideas e á calidade da expresión escrita.

O tempo máximo de duración desta parte do exercicio será de sesenta (60) minutos.

O tribunal poderá determinar a realización das dúas partes do exercicio na mesma sesión, sen prexuízo de que poida dispor dunha pausa entre unha e outra.

A cualificación deste segundo exercicio será a suma das puntuacións das dúas partes e para superalo será necesario obter un mínimo de dezaoito (18) puntos.

6.1.3. Terceiro exercicio. Só para as persoas aspirantes que superasen os dous exercicios anteriores.

As persoas aspirantes deberán desenvolver por escrito autógrafo tres (3) temas, elixidos entre seis (6) propostos polo tribunal de entre os que forman o contido do programa que figura como anexo I destas bases, do xeito seguinte:

– 1 tema, que se elixirá entre dous propostos, entre os temas do bloque IV e V (do tema 21 ao tema 65).

– 1 tema, que se elixirá entre dous propostos, entre os temas do bloque VI e VII (do tema 66 ao tema 85).

– 1 tema, que se elixirá entre dous propostos, entre os temas do bloque VIII, IX e X (do tema 86 ao 118).

O tempo máximo de duración deste exercicio será catro horas e media (4 h 30 m).

Este exercicio cualificarase de 0 a 18 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de nove (9) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar a puntuación mínima.

O tribunal cualificará este exercicio valorando os coñecementos reflectidos, o enfoque axeitado dos temas, a claridade e orde de ideas e a calidade da expresión escrita.

6.1.4. Cuarto exercicio. Só para as persoas aspirantes que superasen os tres exercicios anteriores.

Consistirá na realización de dúas traducións, unha do castelán para o galego e outra do galego para o castelán, durante o prazo máximo de unha (1) hora.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto, tendo en conta os niveis funcionais da lingua: léxico, sintáctico e gramatical, correspondentes ao nivel do Celga 4.

Están exentas da realización deste exercicio as persoas aspirantes que acrediten a posesión do Celga 4 ou curso de perfeccionamento de coñecemento da lingua galega, ou a correspondente validación expedida polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde de 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Os documentos que xustifiquen a exención (orixinais ou fotocopias compulsadas ou documentos verificables electronicamente), de non constaren en poder da Administración parlamentaria, deberán ser presentados polas persoas aspirantes que superen o terceiro exercicio no prazo máximo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación das cualificacións.

Coa convocatoria para a realización deste exercicio publicarase unha listaxe das persoas que están obrigadas a facelo. A non aceptación da solicitude de exención entenderase implícita na inclusión nesta listaxe e a súa publicación servirá de notificación a quen teña solicitada a exención.

6.2. Desenvolvemento dos exercicios.

O primeiro exercicio deberá realizarse no prazo máximo de corenta (40) días hábiles contados desde o día seguinte ao da constitución do tribunal.

Entre a realización dun exercicio e o seguinte deberán transcorrer un mínimo de 5 días hábiles.

A convocatoria da realización dos sucesivos exercicios será efectuada polo tribunal, e publicarase na páxina web do Parlamento de Galicia, polo menos corenta e oito horas (48 h) antes da data e hora sinaladas para o seu inicio.

As persoas aspirantes deberán presentarse, para a realización de cada exercicio, provistas do documento nacional de identidade ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán levar bolígrafo azul ou negro.

As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio nun único chamamento, e será excluído da oposición quen non compareza.

Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia ca a das persoas aspirantes, os membros do tribunal e os colaboradores e colaboradoras designados por este, se for o caso.

Os exercicios distribuiranse en galego. Porén, tamén se lles distribuirán en castelán ás persoas aspirantes que así o soliciten.

En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal ten coñecemento de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos pola convocatoria, logo da audiencia da persoa interesada, deberá acordar proceder á súa exclusión.

Os exercicios realizados non levarán ningunha marca ou sinal que permita identificar o seu autor ou autora. O tribunal facilitará a cada persoa aspirante dous sobres para introducir de xeito independente o exercicio realizado e a identificación do seu autor ou autora. Os sobres pecharanse e gramparanse conxuntamente, diante da persoa interesada.

As persoas aspirantes non poderán acudir ao recinto do exame provistas de teléfono móbil, obxectos ou demais dispositivos de carácter electrónico.

Ao remate das probas que consistan na contestación dun cuestionario, cada persoa aspirante poderá anotar e levar a relación das súas respostas.

6.3. Cualificacións.

Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará as persoas aspirantes dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nas bases desta convocatoria.

As persoas participantes poden presentar, nos tres días hábiles seguintes á realización de cada exercicio, as reclamacións que estimen oportunas referidas ás preguntas e o seu contido. Se o tribunal, de oficio ou con base nalgunha reclamación, anula algunha das preguntas, substituiranse por orde polas de reserva incluídas no mesmo cuestionario. Esta decisión publicarase xuntamente coas cualificacións do exercicio.

No prazo das vinte e catro horas seguintes á realización de cada exercicio tipo test publicarase o seu contido e as respostas correctas no portal web corporativo.

As cualificacións de cada un dos exercicios publicaranse na páxina web do Parlamento de Galicia e no taboleiro de anuncios da Administración parlamentaria.

A cualificación final da oposición virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos diferentes exercicios e para superar a fase da oposición será preciso acadar, polo menos, 45 puntos e ter a cualificación de apto no cuarto exercicio, sen prexuízo das excepcións establecidas no punto 6.1.4.

Unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, a puntuación da oposición publicarase no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web www.parlamentodegalicia.gal. Concederase, a partir dese momento, un prazo de dez días para que as persoas aspirantes fagan as alegacións que xulguen oportunas ante o tribunal.

Sétima. Listaxe de cualificacións finais

7.1. Unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios, a resolución do tribunal coa relación das persoas aspirantes que superaron os tres exercicios e acadaron o resultado de apto no terceiro, coa puntuación total obtida, publicarase no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia.

O proceso selectivo só será superado pola persoa que acade a maior puntuación.

No suposto de empate nas puntuacións de dúas ou máis persoas aspirantes, os criterios para resolver esa situación serán, por orde, os seguintes:

– A puntuación máis alta no segundo exercicio

– A puntuación máis alta no primeiro exercicio

– A puntuación máis alta no terceiro exercicio.

– Por orde alfabética do primeiro apelido comezando pola letra L, de conformidade co sorteo realizado e publicado na web corporativa.

Na súa resolución o tribunal proporá á Mesa do Parlamento a aprobación do proceso selectivo e o ingreso da persoa que o supere no corpo superior do Parlamento de Galicia, como persoal funcionario de carreira.

Concederase un prazo de dez días, contados desde o día seguinte á data de publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia da resolución do tribunal, para que as persoas aspirantes fagan as alegacións que xulguen oportunas.

7.2. A Mesa do Parlamento adoptará o acordo de finalización do proceso selectivo e de aprobación do seu resultado co ingreso da persoa proposta no corpo superior do Parlamento de Galicia, como persoal funcionario de carreira. Este acordo publicarase no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web corporativa e notificaráselle á persoa seleccionada.

Para asegurar a cobertura da vacante, se se produce a renuncia da persoa seleccionada antes do seu nomeamento ou toma de posesión convocarase á seguinte persoa da listaxe por orde de puntuación para que ocupe o seu lugar. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos de persoas aspirantes na situación que se refire no parágrafo final da base oitava desta convocatoria.

Oitava. Presentación de documentos

8.1. A persoa aspirante que supere o proceso selectivo deberá presentar ante a Presidencia do Parlamento, sempre que non conste en poder da Administración parlamentaria, no prazo de vinte días naturais desde que se faga público o acordo de aprobación do proceso selectivo pola Mesa do Parlamento de Galicia, a seguinte documentación:

a) Fotocopia cotexada do título exixido na base 2.3 ou certificación académica que acredite ter realizados todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentar credencial da súa validación ou homologación.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a nin despedido/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo de que foi separado/a ou inhabilitado/a, nin pertencer ao mesmo corpo, segundo o modelo que figura como anexo III a esta convocatoria.

No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración responsable de non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos mesmos termos, segundo o modelo que figura como anexo III a esta convocatoria.

c) Informe sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes función e tarefas.

No caso de presentación por sede electrónica a compulsa dos orixinais en papel debe ser electrónica, de acordo co artigo 29 do Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeneral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia. Os documentos orixinais asinados electronicamente serán válidos sempre que se manteñan en soporte electrónico. Os documentos electrónicos con código de verificación CSV serán válidos en calquera soporte, pois a través do número de referencia poderá cotexarse co orixinal.

8.2. A persoa que, dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior libremente apreciados pola Presidencia, non presente a documentación ou que, despois de examinala, se deduce que non cumpre algún dos requisitos sinalados na base segunda, non poderá ser nomeada persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorra por falsidade na solicitude inicial. Neste caso, seguirase o procedemento establecido no parágrafo final da base sétima.

Novena. Nomeamento

Unha vez acreditada a posesión dos requisitos exixidos, a persoa seleccionada será nomeada por resolución da Presidencia funcionario ou funcionaria de carreira. Este nomeamento notificaráselle á persoa interesada e publicarase no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web corporativa.

No prazo dun mes, contado desde o día seguinte á publicación, a persoa nomeada deberá tomar posesión ante a Presidencia do Parlamento e realizar o xuramento ou promesa de acatamento á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia, de obediencia ás leis e de exercer imparcialmente as súas funcións.

De non facerse efectiva a toma de posesión dentro do prazo establecido, por causa imputable á persoa interesada, producirá o decaemento do seu dereito a adquirir a condición de persoal funcionario de carreira neste proceso selectivo.

Décima. Lista de espera para substitucións

As persoas incluídas na listaxe definida na base 7.1 que non superaron o proceso selectivo pasarán a formar parte dunha lista de espera que se constituirá no Parlamento de Galicia para cubrir as necesidades eventuais de persoal que puideren xurdir, en condición de persoal funcionario interino vinculado ao mantemento das circunstancias polas que son nomeadas.

Décimo primeira. Cláusula derradeira

Contra esta convocatoria, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición perante a Mesa do Parlamento de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2019

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia

ANEXO I

Temario para ingresar por oposición libre no corpo superior
do Parlamento de Galicia

I. Dereito constitucional.

1. A Constitución española de 1978. Estrutura e principios básicos. O Estado Español como estado social e democrático de dereito. O Estado autonómico. A reforma da Constitución.

2. O procedemento lexislativo. As leis orgánicas. As disposicións do Goberno con forza de lei: decretos lei e decretos lexislativos.

3. Dereitos fundamentais e liberdades públicas. Dereitos e deberes dos cidadáns. Sistemas de protección dos dereitos e liberdades.

4. As institucións básicas do Estado (1). A Coroa. As Cortes Xerais: elección, composición e funcións do Congreso dos Deputados e do Senado. O Goberno: organización, estrutura e funcións.

5. As institucións básicas do Estado (2). O poder xudicial: configuración constitucional; o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Tribunal Supremo, o Ministerio Fiscal, os Tribunais Superiores de Xustiza. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. As institucións básicas do Estado (3). O Tribunal Constitucional, composición, competencias, organización e funcións. O control de constitucionalidade das normas con forza de lei. O recurso de inconstitucionalidade e a cuestión de inconstitucionalidade. O recurso de amparo. Os conflitos de competencias. A participación da Comunidade Autónoma na composición do Tribunal Constitucional.

7. A organización territorial do Estado. Os estatutos de autonomía. A organización institucional das comunidades autónomas. A delimitación de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas. Relacións de cooperación e de coordinación e sistema de resolución de conflitos.

8. A Administración local. O municipio. A provincia. A organización municipal e provincial. Distribución de competencias. Outras entidades locais.

II. Dereito comunitario e institucións europeas.

9. Fontes do dereito comunitario. Regulamentos, directivas e decisións. As recomendacións e os ditames. Sistema de atribución de competencias á Unión Europea e as competencias dos Estados membros. Especial referencia ás relacións entre o Estado e comunidades autónomas na aplicación do dereito comunitario.

10. As institucións da Unión Europea. O Parlamento Europeo. O Consello Europeo. A Comisión Europea. O alto representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade. O Tribunal de Xustiza. O Tribunal de Contas. O Comité Económico e Social. O Comité das Rexións. Outras institucións e órganos.

11. Os parlamentos nacionais e autonómicos na Unión Europea. Funcións no proceso de toma de decisións da Unión. Control da adecuación das propostas lexislativas aos principios de subsidiariedade e proporcionalidade. A Comisión Mixta para a Unión Europea das Cortes Xerais. A participación do Parlamento de Galicia no proceso e o seu procedemento.

III. Dereito autonómico de Galicia.

12. A autonomía galega. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura, contido e natureza xurídica. O Estatuto como norma autonómica e como norma do Estado. A reforma do Estatuto.

13. Ordenamento xurídico de Galicia. Leis de Galicia. Decretos lexislativos. Regulamentos. O réxime xurídico do exercicio das competencias autonómicas. Aplicación do dereito galego.

14. Bases fundamentais da autonomía galega. O territorio. Os símbolos. O recoñecemento da galeguidade. A condición de galego. Os dereitos dos cidadáns galegos e as súas garantías. Os dereitos lingüísticos dos cidadáns galegos.

15. Organización política da Comunidade Autónoma de Galicia. As institucións de autogoberno de Galicia.

16. A presidencia da Xunta. Estatuto, mandato e competencias. A Xunta de Galicia. Composición, estrutura e funcionamento. Os conselleiros e as conselleiras: competencias, designación, estatuto, mandato, responsabilidade e cesamento.

17. A organización administrativa da Comunidade Autónoma. Principios estatutarios e legais de organización administrativa. A organización da Administración xeral da Comunidade Autónoma: órganos directivos, órganos territoriais e unidades administrativas. As corporacións de dereito público de Galicia. As entidades instrumentais do sector público autonómico. O exercicio da potestade regulamentaria pola Administración e do Goberno de Galicia. A acción exterior da Xunta de Galicia. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

18. Outras institucións e órganos e a súa relación co Parlamento de Galicia (1). O Consello de Contas: composición, competencias e funcións. O Valedor do Pobo: competencias e funcións. Regulamento de organización e funcionamento. Informes do Valedor do Pobo. Resolucións do Valedor do Pobo.

19. Outras institucións e órganos e a súa relación co Parlamento de Galicia (2). Procedementos de elección, designación e propostas de nomeamento. Valedor do Pobo. Conselleiros do Consello de Contas. Senadores representantes da Comunidade Autónoma no Senado. Consello Galego de Universidades. Corporación Radio e Televisión de Galicia. Consello Económico e Social. Consello Consultivo de Galicia.

20. As competencias da Comunidade Autónoma de Galicia no Estatuto de autonomía: exclusivas, concorrentes e de execución da lexislación do Estado. A Comisión Mixta de Traspasos.

IV. Dereito parlamentario.

21. As fontes do dereito parlamentario. A Constitución. O Estatuto de autonomía de Galicia. Regulamento do Parlamento de Galicia: estrutura e interpretación. Acordos interpretativos e normas complementarias. Outras fontes. Normas de réxime interior relativas á organización e ao funcionamento do Parlamento. Os precedentes, os usos e os costumes parlamentarios.

22. A sesión constitutiva do Parlamento de Galicia. A convocatoria e o desenvolvemento da sesión constitutiva. A Mesa de Idade. A elección da Mesa do Parlamento. A sesión solemne de apertura da lexislatura. A disolución do Parlamento.

23. Estatuto dos deputados e das deputadas (1). Adquisición da condición plena. A presentación da credencial. A declaración de incompatibilidades. O xuramento ou a promesa. Dereitos e deberes. A inviolabilidade e a inmunidade.

24. O Estatuto dos deputados e das deputadas (2). O Rexistro de Intereses da Cámara. A salvagarda dos dereitos pola Presidencia da Cámara. A disciplina parlamentaria. Obrigas e sancións. Suspensión e perda da condición.

25. Os grupos parlamentarios. Constitución, composición e funcionamento. O grupo parlamentario mixto. Singularidades na composición dos grupos parlamentarios. Os medios materiais postos á disposición dos grupos. O financiamento dos grupos e a súa publicidade. O control externo das subvencións e a rendición de contas.

26. Os órganos de goberno do Parlamento. A Presidencia: funcións. Réxime de suplencia. A Mesa. Composición e funcións. A Xunta de Portavoces, composición e funcións. Réxime de funcionamento.

27. Os órganos funcionais (1). O Pleno. Composición. Convocatoria. A execución dos acordos. A Deputación Permanente: funcións. Composición. Réxime de funcionamento. As ponencias e os grupos de traballo.

28. Os órganos funcionais (2). As comisións. Composición. Competencias e réxime de funcionamento. Tipoloxías. As comisións permanentes lexislativas e non lexislativas. Especificidades. As comisións especiais.

29. Os procedementos parlamentarios de natureza normativa. Os procedementos lexislativos ordinarios e especiais. A iniciativa lexislativa. A tramitación dos proxectos de lei e das proposicións de lei. O proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia: marco de tramitación, debate e aprobación.

30. A Xunta como destinataria da confianza parlamentaria. A investidura. A moción de censura. A cuestión de confianza. A delegación lexislativa na Comunidade Autónoma de Galicia. As comunicacións da Xunta de Galicia. O debate de política xeral.

31. Os procedementos de control e impulso. As proposicións non de lei e as mocións. Emendas. Debate. Os procedementos de control económico e orzamentario. A conta xeral da Administración da Comunidade Autónoma. As modificacións orzamentarias. O límite de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma.

32. Os procedementos relativos ás relacións do Parlamento con outras institucións e órganos: Memoria do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Memoria anual da Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma de Galicia. Tribunal Constitucional: recursos de inconstitucionalidade; cuestións de inconstitucionalidade; recursos de amparo. Unión Europea: control da aplicación do principio de subsidiariedade nas iniciativas lexislativas europeas; rede de seguimento da subsidiariedade do Comité das Rexións.

33. A autonomía administrativa do Parlamento de Galicia. O Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia. A estrutura orgánica da Administración parlamentaria. As unidades administrativas. Os órganos da Administración parlamentaria. O réxime xurídico administrativo. Réxime xurídico das súas disposicións administrativas. O procedemento administrativo na Administración parlamentaria.

34. A xestión económica e financeira na Administración parlamentaria: Regulamento de réxime orzamentario e contable do Parlamento de Galicia e do Valedor do Pobo. O orzamento do Parlamento de Galicia: contido, elaboración, aprobación e prórroga. Os créditos e as súas modificacións. A execución e liquidación do orzamento. Os principios de actuación contable e a conta xeral do Parlamento de Galicia. O control e a fiscalización da xestión económica e financeira.

V. Dereito administrativo.

35. A Administración pública. Actividade administrativa e actividade política. O dereito administrativo. O réxime administrativo: sistemas; trazos fundamentais do español. A consideración non xurídica da Administración: a ciencia da Administración. Transparencia e boas prácticas na actuación da Administración.

36. O regulamento administrativo: concepto e natureza. Fundamento da potestade regulamentaria. Clasificación dos regulamentos. Procedemento de elaboración dos regulamentos: normativa estatal e autonómica.

37. A eficacia normativa do regulamento: a súa inderrogabilidade singular. Os actos administrativos xerais e as instrucións e ordes de servizo. A impugnación dos regulamentos na doutrina e no noso dereito positivo.

38. Os principios de reserva de lei, de xerarquía normativa e de competencia. Nulidade de pleno dereito das disposicións administrativas por infracción daqueles principios. Outras fontes do dereito administrativo.

39. As potestades administrativas, o principio de legalidade e as súas manifestacións. A actividade administrativa discrecional e os seus límites. Control da discrecionalidade: estudo especial da desviación de poder. Os conceptos xurídicos indeterminados. A discrecionalidade técnica.

40. O administrado. Dereitos públicos subxectivos e intereses lexítimos: conceptos e diferenzas. Clasificación dos dereitos públicos subxectivos. Situacións xurídicas pasivas. As prestacións do administrado. Colaboración dos administrados coa Administración pública.

41. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (1). Principios xerais. A capacidade de obrar ante as administracións públicas. O interesado, representación, identificación e sinatura.

42. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (2). A actividade das administracións públicas. Normas xerais de actuación. Os prazos. Os actos administrativos, requisitos e eficacia. Obriga de resolver e silencio administrativo. As notificacións e as publicacións. Nulidade e anulabilidade.

43. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (3). O procedemento administrativo común: dereitos do interesado e fases do procedemento. A execución das resolucións.

44. A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (4). A revisión de oficio. Os recursos administrativos: concepto e clases. A iniciativa lexislativa e a potestade regulamentaria das administracións.

45. A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (1). A organización administrativa do sector público. Disposicións xerais, principios de actuación e funcionamento. Os órganos administrativos. A competencia. Os órganos colexiados. A potestade sancionadora e a responsabilidade patrimonial das administracións públicas.

46. A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (2). Os convenios administrativos: tipoloxía. Requisitos de validez, contido, duración e extinción. As relacións interadministrativas: principios xerais. O deber de colaboración: técnicas de colaboración. Relacións de cooperación: técnicas de cooperación.

47. A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (3). A Administración xeral do Estado. Organización e estrutura. Órganos superiores e directivos. Organización territorial da Administración xeral do Estado.

48. A Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (4). O sector público institucional do Estado: os organismos autónomos, as entidades públicas empresariais, as autoridades administrativas independentes, as sociedades mercantís, os consorcios, as fundacións do sector público e os fondos sen personalidade xurídica.

49. A Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014: os principios da contratación do sector público.

50. Sector público contractual: poderes adxudicadores que son Administración pública, poderes adxudicadores que non son Administración pública, entidades do sector público que non son poder adxudicador. Cualificación dos contratos do sector público: obxecto, marco de actuación e limiares. Contratos administrativos e contratos privados. Xurisdición competente.

51. Necesidade e idoneidade dos contratos. Eficiencia. Prazo. Requisitos e contido mínimo dos contratos. Perfeccionamento dos contratos. Réxime de invalidez: causas de nulidade, de anulabilidade e revisión de oficio dos contratos. Efectos.

52. O recurso especial, procedementos e prazos. Efectos da interposición do recurso. Tramitación, resolución e o seus efectos. A competencia para contratar. Aptitude para contratar co sector público: acreditación. Capacidade e solvencia do empresario. Clasificación das empresas. Prohibición para contratar.

53. Obxecto do contrato. O orzamento base de licitación. Valor estimado e prezo. Garantías exixibles aos contratos celebrados coas administracións públicas.

54. Preparación dos contratos. O expediente de contratación. Tramitación. Os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas. Condicións de subrogación nos contratos de traballo. Responsable do contrato.

55. A adxudicación dos contratos. Procedementos e modalidades. Características, tramitación e adxudicación. Anuncios, prazos e presentación de proposicións. Criterios de adxudicación. Clasificación das ofertas e adxudicación dos contratos. Adxudicación e formalización dos contratos.

56. Efectos e cumprimento dos contratos administrativos. Ampliación de prazos. Pagamento do prezo. Obrigas. Modificación dos contratos. Modificacións previstas e non previstas nos pregos de cláusulas administrativas. Suspensión e extinción. Causas de resolución e os seus efectos. Subcontratación.

57. A racionalización da contratación. Acordos marco: procedemento e adxudicación. Sistema dinámico de adquisición. Incorporación de empresas. Adxudicación.

58. O contrato de obras. O proxecto de obras, contido e supervisión. A implantación (replanteo). A execución das obras. Certificacións e aboamentos á conta. A modificación do contrato de obras. Recepción e garantía. Responsabilidade do contratista. Resolución.

59. O contrato de subministración. Entrega e recepción. Pagamento do prezo. Garantía. Resolución.

60. O contrato de servizos. Determinación do prezo. Execución do contrato. Causas de resolución.

61. Os órganos de contratación. As mesas de contratación: a Mesa de contratación da Administración do Parlamento de Galicia. Os órganos consultivos en materia de contratación.

62. Os rexistros oficiais de licitadores e empresas clasificadas. Rexistro de contratistas do sector público. Plataformas de contratación do sector público. Normas para a utilización dos medios electrónicos, informáticos e telemáticos nos procedementos de contratación. Normas relativas aos medios de comunicación que se empreguen nos procedementos de contratación. Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 1 de outubro de 2013, polo que se aproban as Normas para a utilización dunha plataforma electrónica na contratación pública na Administración do Parlamento de Galicia (BOPG nº 170, do 2 de outubro de 2013, modificadas por Acordo da Mesa do 2 de decembro).

63. A Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento de desenvolvemento: ámbito de aplicación. Concepto de subvencións. A concorrencia competitiva e a concesión directa. Negocios incluídos e excluídos da Lei xeral de subvencións. A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Bases reguladoras das subvencións. Tramitación e resolución. A regulación das subvencións no Regulamento de organización e funcionamento do Parlamento de Galicia.

64. A Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Concepto de patrimonio de Galicia. Clasificación de bens. Incorporación de bens e dereitos. Cambio de titularidade. Xestión patrimonial: adquisición, competencia e procedemento. Doazóns e comodatos.

65. Normativa reguladora en materia de igualdade. Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes e a súa incidencia na Administración pública. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

VI. Emprego público, dereito do traballo e da seguridade social.

66. A función pública. Concepto. Natureza e contido da relación xurídica entre a Administración e os empregados/as públicos. Normas constitucionais. Distribución de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas.

67. Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público. O persoal ao servizo das administracións públicas. Dereitos e deberes. Código de conduta. Adquisición e perda da relación de servizo. Ordenación da actividade profesional. Situacións administrativas. Réxime disciplinario. Cooperación entre as administracións públicas.

68. A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (1). Principios informadores e ámbito de aplicación. Competencias en materia de persoal. Clases de persoal, concepto, funcións e requisitos. A estrutura do emprego público. Planificación. A oferta de emprego público.

69. A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (2). A selección dos empregados públicos, principios xerais. Requisitos de acceso e procesos selectivos. Adquisición da relación de servizo. Perda e renuncia. Dereitos e deberes individuais dos empregados públicos. Dereitos económicos e protección social. As situacións administrativas.

70. A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (3). A promoción profesional. A mobilidade. Dereitos colectivos dos empregados públicos. Negociación colectiva. Representación e participación. Órganos e procedementos. Réxime disciplinario, sancións e procedementos.

71. O Estatuto de persoal da Administración parlamentaria (1). Obxecto e ámbito de aplicación. Órganos de persoal. Clasificación do persoal da Administración do Parlamento de Galicia e rexistro de persoal. Comezo e extinción da relación de servizo. Planificación e ordenación do persoal da Administración do Parlamento de Galicia. Provisión de postos e mobilidade. Acceso ao emprego público. Carreira e promoción profesional. Avaliación do desempeño. Formación e perfeccionamento.

72. O Estatuto de persoal da Administración parlamentaria (2). Situacións administrativas. Sistema retributivo. Vacacións, licenzas e permisos. Representación, participación, negociación colectiva e dereito de reunión. Incompatibilidades. A protección social do persoal. O réxime disciplinario do persoal da Administración parlamentaria.

73. Normas reguladoras da xornada laboral semanal e do horario do persoal e de funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia (BOPG núm. 267, do 4 de abril de 2014; BOPG núm. 674, do 11 de xullo de 2016, e BOPG núm.151, fasc. 1º, do 24 de xullo de 2017). Normas reguladoras da flexibilización de xornada do persoal da Administración parlamentaria por motivos de conciliación da vida persoal e laboral (BOPG núm. 674, do 11 de xuño de 2016). Normas reguladoras do teletraballo na Administración do Parlamento de Galicia. (BOPG núm. 324, do 30 de setembro de 2010). Normas básicas reguladoras da carreira profesional do persoal ao servizo da Administración do Parlamento de Galicia (BOPG núm. 401, do 19 de decembro de 2018). Normas reguladoras das eleccións á Xunta de Persoal da Administración do Parlamento de Galicia (BOPG núm. 156, do 8 de xuño de 2006).

74. A Seguridade Social. Réxime xeral e réximes especiais. A acción protectora da Seguridade Social. Tipos e características das prestacións. Réxime de incompatibilidades. A incapacidade temporal. O dereito ao subsidio. A incapacidade permanente. A pensión de xubilación.

75. O dereito do traballo: natureza e caracteres. Modalidades do contrato de traballo. Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo. Relacións laborais especiais. Os convenios colectivos: concepto e réxime xurídico.

76. Seguridade, saúde e benestar laboral. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: competencias. Dereitos e obrigas dos traballadores e empresarios en materia de prevención. Participación dos traballadores. A Lei 54/2003, do 12 de decembro, de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. Real decreto 171/2004, do 30 de xaneiro, polo que se desenvolve o artigo 24 da Lei de prevención de riscos laborais en materia de coordinación de actividades empresariais. O comité de seguridade, saúde e benestar laboral do Parlamento de Galicia. O procedemento para a prevención do acoso laboral e doutras discriminacións no traballo, no Parlamento de Galicia (BOPG 138, de 30 de xuño de 2017).

77. Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención. Real decreto 604/2006, do 19 de maio, polo que se modifica o Real decreto 39/1997. A avaliación dos riscos laborais na actividade administrativa e de mantemento de edificios; métodos de avaliación. O risco de accidente, o risco de fatiga e insatisfacción e o risco ergonómico; criterios de avaliación. A planificación das medidas de control do risco. Os reais decretos 486/1997, 487/1997 e 488/1997, do 14 de abril, sobre disposicións mínimas nos lugares de traballo. O documento básico SI (seguridade contra incendios) do Código técnico da edificación (Real decreto 314/2006). O Real decreto 485/1997 sobre disposicións mínimas en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo.

VII. Transparencia, protección de datos e administración electrónica.

78. Lei 19/2013, do 9 decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Normativa en materia de transparencia no Regulamento do Parlamento de Galicia. O Portal de transparencia do Parlamento de Galicia.

79. O Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, sobre protección de datos. Principios xerais. Conceptos e mecanismos de protección de datos persoais. O principio de responsabilidade proactiva. O enfoque do risco. A base de lexitimación para o tratamento de datos persoais.

80. A Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. Principios da protección de datos das persoas e a súa execución. Transparencia. O responsable e o encargado de protección de datos. O delegado de protección de datos. A Axencia Española de Protección de Datos. Procedementos en caso de vulneración de dereitos. Réxime sancionador. Dereitos dixitais. Identificación das persoas interesadas nas notificacións, anuncios e publicacións de actos administrativos. A regulación sobre protección de datos de carácter persoal no Parlamento de Galicia: Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 21 de marzo de 2012, polo que se aproban as Normas de protección de datos (BOPG núm. 668, do 29 de marzo de 2012, modificadas polo Acordo do 11 de abril de 2014). Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 20 de marzo de 2019, polo que se aproba o rexistro de actividades de tratamento do Parlamento de Galicia (BOPG núm. 449, modificado polo Acordo do 23 de abril de 2019).

81. A aplicación do principio da transparencia no ámbito parlamentario: o Portal de Transparencia do Parlamento de Galicia. Información institucional, organizativa e de planificación, información sobre as relacións coa cidadanía, información de relevancia xurídica, información en materia de persoal, información económica, orzamentaria e estatística, información patrimonial, información en materia de contratación pública, convenios e subvencións.

82. A administración electrónica (1). Conceptos básicos. Acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Ámbito de aplicación e principios xerais. A relación por medios electrónicos dos cidadáns coas administracións públicas. Réxime xurídico da Administración electrónica. A xestión electrónica dos procedementos. Cooperación entre administracións para o impulso da Administración electrónica. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

83. A administración electrónica (2). O rexistro electrónico. Arquivo electrónico único e custodia dos documentos electrónicos. Sinatura electrónica e certificados. Documentos: concepto e clases. Documentos electrónicos. O arquivo de xestión. Transferencia e eliminación de documentos.

84. Administración electrónica (3). Aplicación no Parlamento de Galicia: Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 8 de maio de 2006, polo que se aproban as Normas de desenvolvemento do Regulamento da Cámara para a utilización de técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas na actividade parlamentaria (BOPG núm. 139, do 13 de maio de 2006). Sede electrónica: Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 20 de marzo de 2017, polo que se aproban as Normas de creación da sede electrónica e de regulación da xestión electrónica no Parlamento de Galicia (BOPG núm. 89, do 24 de marzo de 2017).

85. Política de seguridade. A aplicación do Esquema nacional de seguridade no ámbito da Administración parlamentaria: Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 5 de marzo de 2019, polo que se aproban as Normas sobre a política de seguridade da información do Parlamento de Galicia (BOPG núm. 444, do 13 de marzo 2019).

VIII. Dereito civil.

86. As fontes do dereito: enumeración e xerarquía. A lei. O costume. Os principios xerais do dereito. A xurisprudencia. Outras fontes do dereito. Especial referencia ás fontes no dereito civil de Galicia. A Constitución como fonte do dereito.

87. As normas xurídicas: natureza, caracteres, estrutura e clasificación. O ordenamento xurídico: valores superiores. A interpretación das normas: clases, elementos e regras. Eficacia das normas xurídicas. Fraude de lei. Erro de dereito.

88. A personalidade: adquisición e extinción. A capacidade das persoas: as súas clases. As circunstancias modificativas da capacidade. A incapacitación. Protección das persoas con discapacidade.

89. A persoa xurídica; concepto e clases. Normas do Código civil. A teoría do levantamento do veo. Asociacións e fundacións: concepto e réxime xurídico.

90. As cousas: o seu concepto e clases. Bens mobles e inmobles. Bens de dominio público e propiedade privada.

91. O feito xurídico e o acto xurídico. O negocio xurídico. Teoría xeral dos elementos do negocio xurídico. A vontade: requisitos; o silencio como declaración de vontade. Os vicios da vontade.

92. Influencias do tempo nas relacións xurídicas. O seu cómputo. Teoría xeral da prescrición. Concepto, clases, fundamento e efectos. A prescrición extintiva e a caducidade.

93. A obriga: o seu concepto. Clasificación; en particular, exame das obrigas solidarias e mancomunadas; de dar, facer e non facer. Obrigas puras, condicionais e a termo.

94. Causas de extinción das obrigas. O pagamento. A perda da cousa debida. A condonación da débeda. A confusión de dereitos. A compensación. A novación.

95. Incumprimento das obrigas; as súas causas: mora, dolo, culpa e caso fortuíto. Cumprimento forzoso: a indemnización de danos e perdas. Os denominados medios indirectos: as accións subrogatoria e revogatoria.

96. O contrato: fundamento e función. Sistemas de contratación. Elementos dos contratos. Capacidade para contratar: incapacidades e prohibicións. Obxecto do contrato. A forma dos contratos.

97. A vida do contrato e a preparación do contrato. A perfección e consumación do contrato. Revisión do contrato por alteración extraordinaria das circunstancias: cláusula rebus sic stantibus.

98. A interpretación dos contratos: regras do Código civil. Clases de contratos. Precontrato e contrato de opción. Os contratos de adhesión e as condicións xerais de contratación.

99. A ineficacia dos contratos. A nulidade: causas e efectos. A anulabilidade; a confirmación. A rescisión: causas e efectos.

100. Referencia xeral á doazón e aos contratos de compravenda, arrendamento, mandato, préstamo e depósito.

101. A propiedade intelectual. Suxeitos, obxecto e contido da propiedade intelectual. Duración e límites. Transmisión dos dereitos de explotación. O contrato de edición.

IX. Dereito mercantil.

102. A sociedade mercantil: concepto, natureza e clases. Personalidade da sociedade. O obxecto social: a súa determinación e efectos. Constitución. A sociedade irregular. A sociedade regular colectiva. A sociedade comanditaria: simple e por accións.

103. As sociedades de capital. Denominación, nacionalidade e domicilio. Constitución das sociedades de capital. A inscrición rexistral. A representación da sociedade. As contas anuais. Disolución e liquidación da sociedade.

104. As sociedades profesionais. A sociedade laboral. A sociedade cooperativa; especial referencia á Lei de cooperativas de Galicia. A sociedade de garantía recíproca.

105. O Rexistro Mercantil. Organización e funcións. Principios de funcionamento. Certificacións polo Rexistro Mercantil. O Rexistro Mercantil Central.

106. O contrato de seguro. Obrigas e deberes das partes. Seguro contra danos, seguro de persoas, seguro sobre a vida, seguro de accidentes, seguros de enfermidade e asistencia sanitaria.

X. Facenda pública e xestión económica.

107. O orzamento: concepto, natureza e clases. Os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia: a estabilidade orzamentaria e os principios básicos da súa estrutura. Contido. Elaboración, aprobación. Prórroga. Liquidación e remanentes. Réxime especial do orzamento das entidades instrumentais do sector público autonómico.

108. Os créditos e as súas modificacións. Gastos plurianuais. Anulacións de créditos e regulación das obrigas. As modificacións dos créditos. Créditos extraordinarios, suplementos e créditos ampliables. Transferencias de crédito; competencias e límites. Xeracións de crédito.

109. Contabilidade pública. Concepto. O Plan xeral de contabilidade pública do Estado. O Plan xeral de contabilidade pública de Galicia. Contabilidade orzamentaria e contabilidade de xestión. Liquidación e peche do exercicio.

110. A ordenación do gasto. Órganos competentes. Fases do procedemento. Documentos contables que interveñen na execución do gasto. A ordenación do pago. Órganos competentes. Concepto e clases de pago. Anticipos de caixa. Pagamentos a xustificar. A tramitación de expedientes de pagamento no Parlamento de Galicia.

111. A execución do gasto na contratación administrativa. A execución do gasto e a súa xustificación nos procedementos de subvencións. As subvencións aos grupos parlamentarios. O réxime económico, fiscal e social dos deputados.

112. As nóminas: normas de confección. Estrutura retributiva do persoal no Parlamento de Galicia. Altas e baixas. Devindicación e liquidación de dereitos económicos.

113. Os ingresos públicos: concepto e clasificación. A débeda pública: concepto e clases. Emisión, conversión e amortización de títulos. Prescrición de capital e xuros.

114. O patrimonio da Xunta de Galicia. Organización. Bens que o integran; clases. Adquisición de bens e dereitos. Alleamento e cesión. Protección e defensa.

115. Os tributos: concepto, natureza e clases. A Lei xeral tributaria: estrutura. Disposicións xerais do ordenamento tributario: principios xerais; especial referencia aos contidos na Constitución. Normas tributarias.

116. O financiamento das comunidades autónomas. A Lei orgánica de financiamento das comunidades autónomas: principios xerais. O Consello de Política Fiscal e Financeira. Recursos das comunidades autónomas. Asignacións do Fondo de Compensación Interterritorial e dos fondos comunitarios.

117. A potestade tributaria das comunidades autónomas. Os seus límites. Tributos cedidos polo Estado; especial referencia ás competencias normativas e de xestión para asumir polas comunidades autónomas. Participación nos tributos estatais non cedidos.

118. Os tributos propios da Comunidade Autónoma de Galicia. As taxas: natureza; normas básicas do seu réxime xurídico; principais supostos. Os prezos públicos.

ANEXO II

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESOS SELECTIVOS

DATOS DA PERSOA SOLICITANTE

NOME/RAZÓN SOCIAL

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NIF

NOME DA VÍA

NÚMERO

ANDAR

PORTA

CÓDIGO POSTAL

PROVINCIA

CONCELLO

LOCALIDADE

TELÉFONO

ENDEREZO ELECTRÓNICO

E NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito)

NOME

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NIF

DATOS PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓN

Medio de notificación preferente

missing image fileElectrónico, a través do enderezo da internet https://sede.parlamentodegalicia.gal. Só se poderá acceder á notificación co certificado electrónico asociado ao DNI da persoa indicada.

missing image filePostal (cubrir o enderezo só se é distinto do indicado anteriormente)

NOME DA VÍA

NÚMERO

ANDAR

PORTA

CÓDIGO POSTAL

PROVINCIA

CONCELLO

LOCALIDADE

OBXECTO DA SOLICITUDE:

Participación na convocatoria do PROCESO SELECTIVO:

DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGA:

missing image fileFotocopia do DNI

missing image fileCertificación acreditativa do coñecemento da lingua galega no nivel exixido

missing image fileXustificante de ter aboados os dereitos de exame

missing image fileAcreditación do grao de discapacidade superior ao 33 %, polo que solicitan as adaptacións indicadas en observacións

missing image fileDeclaracións segundo os modelos anexos que figuran nas bases

missing image fileOutros

OBSERVACIÓNS:

missing image fileA persoa solicitante ou representante declara que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

O Parlamento de Galicia é o responsable destes datos, que serán incorporados ao rexistro da actividade de tratamento denominada «Procesos selectivos», cuxa finalidade é a xestión de selección de persoal, lexitimada polo cumprimento das obrigas legais. Destinatarios: non está prevista a cesión de datos. Dereitos: as persoas solicitantes poderán exercer os seus dereitos, previstos nos artigos 15 ao 22 do Regulamento xeral de protección de datos, a través da páxina web: http://www.parlamentodegalicia.gal/portada/protecciondatos, na que dispoñen de información adicional.

LEXISLACIÓN APLICABLE

Bases da convocatoria dos procesos selectivos

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (TRLEBEP)

Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa

SINATURA DA PERSOA SOLICITANTE OU REPRESENTANTE

Lugar e data

,

de

de

Presidencia do Parlamento de Galicia

Anexo III

Declaración responsable

D./Dª…………………....……......……………………...........con DNI ………....................

DECLARA RESPONSABLEMENTE,

Que non foi separado/a mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin se atopa na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa fose separada ou inhabilitada.

Asina esta declaración para os efectos de participar no proceso selectivo para ingresar por quenda libre nunha praza do corpo superior do Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, ......de..........................de 2019

(Sinatura)