A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda xustifícase polos cambios de estrutura que tiveron lugar desde a súa aprobación e as necesidades funcionais e organizativas actuais.
En consecuencia, por proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 18 de xullo de 2019, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.
Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 18 de xullo de 2019, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2019
O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública