Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 30 de xullo de 2019 Páx. 34786

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2019 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de xullo de 2019 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación.

A aprobación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación xustifícase polos cambios de estrutura que tiveron lugar desde a súa aprobación e as necesidades funcionais e organizativas actuais.

En consecuencia, por proposta da directora da axencia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 4 de xullo de 2019, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Clasificar de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

EI.A11.00.004.15350.020

Xefatura Departamento de Programación de Centros

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

Especial responsabilidade por dirixir un centro con características singulares no cal se desenvolven proxectos que poidan supoñer unha vantaxe competitiva para Galicia.

EI.A11.00.000.27100.020

Xefatura Departamento Coord. do Polo Aeroespacial

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

Terceiro. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 4 de xullo de 2019, relativo á aprobación da relación de postos da Axencia Galega de Innovación, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución

Santiago de Compostela 18 de xullo de 2019

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file