Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 30 de xullo de 2019 Páx. 34784

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 57, do 22 de marzo).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 7 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás súas federacións, co obxecto de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

Finalidade da axuda: fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero, e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Crédito orzamentario: a contía das axudas desglósase da seguinte maneira; trinta e tres mil catrocentos vinte e cinco con noventa e nove euros (33.425,99 €), que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0, código de proxecto 2016 00020 e corenta e sete mil douscentos oitenta e un con noventa e dous euros (47.281,92 €), que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313D.480.2, código do proxecto 2018 00112 do orzamento vixente deste departamento.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase o anexo.

A Coruña, 16 de xullo de 2019

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 8.7.2019)
Ángel Pérez de León
Xefe de Servizo de Xustiza

ANEXO

Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo
e a participación das mulleres (SI437A)

Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2019:

CIF

Entidade beneficiaria

Liña

Importe concedido

G15766918

A Maristela

Liña 1

2.849,00

G15901176

Amurusa

Liña 1

1.124,80

G70370119

Asociación Punto Delas

Liña 1

4.000,00

G70301916

Executivas

Liña 1

4.000,00

G70390745

Centinelas

Liña 1

4.000,00

G15049034

Amas de casa, consumidores e usuarios

Liña 1

3.996,90

G15945686

Labregas

Liña 1

4.000,00

G70223417

Acadar

Liña 1

2.626,79

G70239397

Arume

Liña 1

2.300,00

G15745466

Acc. Familiar Ferrol

Liña 1

2.528,50

G15910656

A Ponderosa

Liña 1

2.000,00

Total liña 1

33.425,99

G15656762

Agra
(Asoc. promoción e integración mulleres galegas do rural)

Liña 2

7.990,52

G70101647

Fademur Galicia

Liña 2

7.992,00

G70490115

Asociación nacional de mulleres da pesca

Liña 2

8.000,00

G15923113

Asociación mulleres rurais Ceres

Liña 2

7.999,40

G15830375

O Cantón

Liña 2

1.800,00

G15969868

Federación redeiras

O Peirao

Liña 2

8.000,00

G15887862

Asociación amas de casa Noelia

Liña 2

1.000,00

G70312954

O Mirabal

Liña 2

4.500,00

Total liña 2

47.281,92