Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 30 de xullo de 2019 Páx. 34782

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 57, do 22 de marzo).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 31 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 7 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás súas federacións, co obxecto de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

Finalidade da axuda: fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é de vinte e cinco mil dezaseis euros con trinta e cinco céntimos (25.016,35 €), que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0, código de proxecto 2016 00020 do orzamento vixente deste departamento.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase anexo.

Lugo, 16 de xullo de 2019

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres (SI437A)

Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2019

CIF

Entidade beneficiaria

Líña

Importe concedido

G27388073

Asociación Mujeres en Igualdad de Vivero

2

3.000,00 €

G27411636

Asociación Corazóns Artesáns

1

1.137,97 €

G27130103

Asociación VV. Carmiña Prieto Rouco

1

550,00 €

G32282584

AFAMMER

1

2.287,30 €

G27207117

Asociación AA.CC. Ribadeo

1

2.632,08 €

G27179134

Asociación MM RR Agarimo

1

1.360,00 €

G27375856

Asociación MM RR San Bartolomeu de Insua

1

625,00 €

G27441153

Mulleres en Igualdade de Burela

2

8.000,00 €

G27337120

Asociación MM RR Ledicia

1

980,00 €

G27166362

Asociación As Angueiras

2

444,00 €

G27212281

Asociación Amuraxe

1

2.250,00 €

G27359702

Observatorio da Mariña pola Igualdade

2

1.750,00 €