Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 30 de xullo de 2019 Páx. 34779

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 57, do 22 de marzo de 2019).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, do programa e crédito orzamentario, da entidade beneficiaria, da contía e da finalidade.

Mediante a Resolución do 7 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 das axudas dirixidas as asociacións de mulleres e as súas federacións, co obxecto de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

Finalidade da axuda: fortalecer o movemento asociativo feminino e a presenza, o liderado e a participación das mulleres nas estruturas asociativas en xeral, establecendo como liñas de actuación, entre outras, o apoio e reforzamento do movemento asociativo das mulleres galegas para impulsar a súa participación activa en todas as esferas da sociedade e incrementar á súa presenza en todos os ámbitos, a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Crédito orzamentario: a contía das axudas é de cento sete mil cincuenta e catro con corenta e sete euros (107.054,47 €), que se imputan ás aplicacións orzamentarias 05.11.313B.480.0, código de proxecto 2016 00020 (liña 1) e 05.11.313D 480.2, código de proxecto 2018 00112 (liña 2), do orzamento vixente deste departamento.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase anexo.

Ourense, 16 de xullo de 2019

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres (SI437A)
Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2019

NIF

Entidade beneficiaria

Liña

Concedido

G32261679

Asociación de Mulleres Arandeira

Liña 1

4.000,00 €

G32362279

Federación de Asociacións de Mulleres Anaral

Liña 1

4.000,00 €

G32368227

Asociación de Mulleres Rurais Monterrei

Liña 1

332,27 €

G32207516

Asociación de Mulleres Anel

Liña 1

4.000,00 €

G32237869

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense Femuro

Liña 1

3.000,00 €

G32369696

Asociación Amigos da cultura e do ocio Aires Nosos

Liña 1

3.000,00 €

G32014334

Asociación de Viúvas María Andrea

Liña 1

4.000,00 €

G32354227

Asociación de Mulleres Algueirada

Liña 1

3.500,00 €

G32345274

Asociación Cultural, Económica, Social e MM.RR. Os Tres Reinos

Liña 1

4.000,00 €

G32477127

Asociación Participacción

Liña 2

8.000,00 €

G32303877

Asociación de Mulleres Rurais Os Picotiños

Liña 2

2.590,00 €

G32298168

Asociación de Mulleres Rurais As Candelas

Liña 2

958,60 €

G32399792

Asociación de Mulleres Rurais O Toural

Liña 2

1.265,00 €

G32247207

Asociación de Mulleres Rurais A Carballeira

Liña 2

700,00 €

G32292435

Asociación de Mulleres Rurais San Miguel de Espiñoso

Liña 2

700,00 €

G32287336

Asociación de Mulleres Rurais O Recuncho

Liña 2

1.694,00

G32362741

Asociación de Mulleres Rurais Santa María de Tamagos

Liña 2

1,765,00 €

G32140741

Asociación de Mulleres Rurais Adiante

Liña 2

765,00 €

G32369605

Asociación de Mulleres Rurais As Abelairas

Liña 2

765,00 €

G32181703

Asociación de Mulleres Arnoia

Liña 2

3.530,00 €

G32480675

Asociación de Mulleres Rurais Fonte do Ouro

Liña 2

4.765,00 €

G32163461

Asociación de Mulleres Rurais Nosa Señora do Portal

Liña 2

2.265,00 €

G32387698

Asociación de Mulleres Rurais Fonte do Sapo

Liña 2

1.200,00 €

G32378911

Asociación de Mulleres Rurais Santa Eulalia de Montes

Liña 2

1.530,00 €

G32288953

Asociación de Mulleres Rurais As Xeitosíñas

Liña 2

765,00 €

G32349813

Asociación de Mulleres Rurais A Carballa

Liña 2

765,00 €

G32367542

Asociación de Mulleres Rurais As Temoeiras

Liña 2

2.975,00 €

G32369951

Asociación de Mulleres Rurais A Esperanza

Liña 2

380,00 €

G32487118

Asociación de Mulleres Rurais Flor da Xesta

Liña 2

765,00 €

G32411670

Asociación de Mulleres Rurais O Patio de Melo

Liña 2

1.065,00 €

G32213704

Asociación de Mulleres Rurais e Consumo Tres de Maio

Liña 2

2.289,60 €

G32258881

Asociación de Mulleres Rurais e Consumo O Cruceiro

Liña 2

1.530,00 €

G32471971

Asociación de Mulleres Rurais Cruceiro Gordo

Liña 2

3.510,40 €

G32305377

Asociación de Mulleres Rurais Arracada

Liña 2

765,00 €

G32375909

Asociación de Mulleres Rurais San Pedro

Liña 2

2.316,00 €

G32233512

Asociación de Mulleres Rurais Entre Nos

Liña 2

1.665,00 €

G32236648

Asociación de Mulleres Rurais Abelenda das Penas

Liña 2

780,00 €

G32282949

Asociación de Mulleres Rurais e Consumo 25 de Xullo

Liña 2

2.660,40 €

G32292807

Asociación de Mulleres Rurais e Consumo San Salvador de Roza

Liña 2

508,20 €

G32278756

Asociación de Mulleres Rurais de Sarreaus

Liña 2

2.200,00 €

G32245342

Asociación de Mulleres Rurais Xestas e Toxos

Liña 2

1.530,00 €

G32284747

Asociación de Mulleres Rurais País de Riós

Liña 2

2.800,00 €

G32302168

Asociación de Mulleres Rurais de Maceda

Liña 2

1.610,00 €

V32218612

Centro Animación Rural Mulleres de A Veiga

Liña 2

8.000,00 €

G70377585

ValoReSC Innovation

Liña 2

5.850,00 €