Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 30 de xullo de 2019 Páx. 34776

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 57, do 22 de marzo).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario, a entidade beneficiaria, a contía e a finalidade.

Mediante a Resolución do 7 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2019 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás súas federacións, co obxecto de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

Finalidade da axuda: fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e o funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero, e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Crédito orzamentario: a contía das axudas desglósase da seguinte maneira, trinta e oito mil setecentos catorce con carenta euros (38.714,40 €), que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0, código de proxecto 2016 00020 e trinta e oito mil douscentos oito con setenta e cinco euros (38.208,75 €), que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313D.480.2, código de proxecto 2018 00112 do orzamento vixente deste departamento.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: véxase anexo.

Pontevedra, 16 de xullo de 2019

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres (SI437A)

Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2019

CIF

Entidade beneficiaria

Liña

Importe concedido

G36380301

Asociación de Diagnosticados de Cáncer de Mama (Adicam)

Liña 1

4.000,00 €

G36837433

Asociación de Mulleres Pedra da Vella

Liña 1

4.000,00 €

G36657336

Asociación de Mulleres Progresistas

Liña 1

4.000,00 €

G36212959

Asociación Rural de Amas de Casa de Arnois

Liña 1

1.900,00

G36928646

Rede de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo

Liña 1

4.000,00 €

G27718907

Asociación Nós Mesmas

Liña 1

3.051,31 €

G15773013

Asociación CNG da Marcha Mundial das Mulleres

Liña 1

700,00 €

G36462273

Asociación de Mulleres Rurais os Muíños de Curantes

Liña 1

2.150,00 €

G36454163

Asociación de Mulleres Rurais de Loño

Liña 1

1.800,00 €

G36522795

Asociación de Mulleres Rurais de Tabeirós

Liña 1

2.050,00 €

G36599603

Asociación de Mulleres Rurais Fervenza do Castelo

Liña 1

2.150,00 €

G36386175

Asociación de Mulleres Rurais e Culturais Santa Mariña

Liña 1

693,53 €

G36258903

Asociación de Mulleres do Municipio de Silleda

Liña 1

2.050,00

G36424679

Asociación. Mulleres Rurais a Nosa Señora do Socorro

Liña 1

2.015,00

G36015485

Asociación de Amas de Casa e Consumidores O Noso Lar

Liña 1

2.420,00 €

G36228054

Asociación Mulleres Rurais os Borrizos

Liña 1

1.734,56 €

Total liña 1

38.714,40 €

G27826999

Asociación Empresarias de Galicia

Liña 2

7.608,18 €

G27712306

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo

Liña 2

8.000,00 €

G36346880

Asociación. de Mulleres Progresistas da Guarda

Liña 2

2.106,15 €

G36250512

Asociación de Mulleres o Agarimo do Deza

Liña 2

1.700,00 €

G36505451

Asociación de Mulleres Rurais Santa Cruz de Piloño

Liña 2

1.800,00 €

G36528826

Asociación de Mulleres Rurais Santa Clara dos Ancorados

Liña 2

1.700,00 €

G94088549

Asociación pola Igualdade e a Coeducación (Apico)

Liña 2

8.000,00 €

G36261030

Asociación de Mulleres Rurais de Camanzo

Liña 2

1.700,00 €

G36178051

Asociación de Mulleres Rurais o Menhir

Liña 2

3.994,42 €

G36207827

Asociación Mulleres Rurais de Castro

Liña 2

1.600,00 €

Total liña 2

38.208,75 €