De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de mayo de 2019 (BOE do 31 de mayo), para a provisión da praza número 19/009 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Comercialización e Investigación de Mercados, departamento de Empresa desta universidade, a favor de Cristina Calvo Porral, con DNI núm. ***1417** e unha vez que a persoa interesada acreditara os requisitos establecidos na convocatoria.
Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demáis disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Cristina Calvo Porral, profesora titular de universidade da área de coñecemento de Comercialización e Investigación de Mercados, departamento de Empresa desta universidade.
Este nomeamento, producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, para estes efectos o mes de agosto será inhábil.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 17 de xullo de 2019
Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña