De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo) de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e no Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 123, do 30 de xuño de 2016) e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 47, do 7 de marzo) e a Orde do 28 de setembro do 2011 pola que se desenvolve a Estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG nº 188, do 30 de setembro), modificada por Orde de 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo) o xerente da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés,
RESOLVE:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir varios postos de persoal licenciado sanitario, facultativos especialistas de área, que se relacionan no anexo.
Segundo. As retribucións dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións, sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro de Entrada da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, 2, Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da dirección e na intranet da EOXI de Pontevedra e O Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Pontevedra, 2 de xullo de 2019
José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés
ANEXO
Especialidade |
Grupo |
Prazas |
Anxioloxía e Cirurxía Vascular |
A1 |
3 interinidades en praza vacante |
Medicina Interna |
A1 |
3 interinidades en praza vacante |
Nefroloxía |
A1 |
2 interinidades en praza vacante |
Neuroloxía |
A1 |
1 interinidade en praza vacante |
Pneumoloxía |
A1 |
2 interinidades en praza vacante |
Radiodiagnóstico |
A1 |
7 interinidades en praza vacante |
Oftalmoloxía |
A1 |
1 reserva de praza no Hospital do Salnés |
Unidade |
Grupo |
Prazas |
Hospitalización a Domicilio |
A1 |
1 interinidade en praza vacante |