Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 31 de xullo de 2019 Páx. 35086

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 23 de xullo de 2019 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.

Unha vez presentada a renuncia do vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificada pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo) e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Marcos Barreiro González como vogal suplente do tribunal encargado do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal suplente do dito tribunal a Víctor Manuel Martínez Lago, persoal funcionario do corpo de xestión, escala técnica de finanzas, especialidade técnica de contabilidade e intervención, subgrupo A2.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda