Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 31 de xullo de 2019 Páx. 35085

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 23 de xullo de 2019 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Unha vez presentada a renuncia do vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 4 de abril de 2018 (DOG núm. 68, do 9 de abril), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Marco Antonio Cobo García como vogal titular do tribunal encargado do proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal suplente do dito tribunal a Marcos Castro Pérez, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda