Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 31 de xullo de 2019 Páx. 35083

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2019 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 21 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, para o ano 2019.

Mediante a Resolución do 21 de febreiro de 2019 que foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 45, do 5 de marzo, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse subvencións para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, para o ano 2019.

Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución o financiamento desta convocatoria faise con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia para o ano 2019.

O artigo 2.1 desta resolución prevé a posibilidade de que o crédito máximo recollido neste artigo poida ser redistribuído se pasados dous meses desde a apertura do prazo de solicitudes nalgunha das epígrafes non se rexistran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles, e noutra das epígrafes existe listaxe de espera.

No transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas, nalgunha das epígrafes o número de solicitantes é inferior ao agardado, mentres que noutros o volume de axuda solicitada superou a dispoñibilidade orzamentaria, cómpre facer unha redistribución de fondos entre as distintas epígrafes.

O artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior, coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recurso públicos, maximizando o impulso de proxectos de enerxías renovables, atendendo a totalidade das solicitudes en cada unha dos epígrafes da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás subvencións para a realización de proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, para o ano 2019, redistribuíndose do seguinte xeito:

Proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares-2019

Liña de axuda

Aplicación orzamentaria

Dotación

orzamentaria inicial

Modificacións

Dotación

orzamentaria final

Biomasa (excluída tipoloxía B2-B3) en zonas non densamente poboadas

09.A2.733A.780.1

1.000.000,00

78.400,00

1.078.400,00

Xeotermia

09.A2.733A.780.2

956.000,00

-255.400,00

700.600,00

Aerotermia

09.A2.733A.780.3

500.000,00

170.000,00

670.000,00

Solar térmica

09.A2.733A.780.3

50.000,00

7.000,00

57.000,00

Total

2.506.000,00

0,00

2.506.000,00

Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia