Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 2 de agosto de 2019 Páx. 35637

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2018 (DOG número 30, do 12 de febreiro de 2019), pola que establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento CT215A).

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario ao que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 15 da orde de convocatoria esta resolución notificarase aos interesados consonte o artigo 16 da orde e publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería de Cultura e Turismo https://www.cultura.gal

Resolvo:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.20.432B.481.2, para institucións sen fin de lucro, e 11.20.432B.460.0, para entidades locais galegas, de «subvencións a institucións sen fin de lucro e entidades locais galegas, destinadas ao finaciamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado».

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2019

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo

Anexo

Relación de entidades e proxectos subvencionados

I. Institucións sen fin de lucro

Nº expediente

Entidade

NIF

Proxecto

Subvención

2019/000001-0

Agrupación Folclórica Queixumes dos Pinos

G32224198

Festival Internacional de Canción Popular IGF Caravan 2019

2.800,00 €

2019/000007-0

Asociación Cultural Faro Miño

G27150093

Mostra de Teatro Maruxa Villanueva

5.455,20 €

2019/000015-0

Asociación de Gaiteiros Galegos

G15208358

XVI Mostra de Instrumentos de Música Tradicional

4.600,00 €

2019/000016-0

Felicia Asociación Cultural

G15806037

Felicia Pop. Traballando para o inglés

5.000,00 €

2019/000017-0

Asociación Cultural Tres por Cuatro

G70239595

Rosario Orfebre Vocal 2019

2.400,00 €

2019/000018-0

Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia

G36024289

V Festival Intercéltico O Son do Pazo

3.000,00 €

2019/000028-0

Asociación Cultural Ameixa Rock

G94100328

Ameixa Rock 2019

3.000,00 €

2019/000035-0

Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valadares

G36617082

XXVI Revoltallo de Música e Cultura Emerxente

3.000,00 €

II. Entidades locais galegas

Nª expediente

Entidade

NIF

Proxecto

Subvención

2019/000002-0

Concello de Bande

P3200700G

Encontro de Teatro Escolar e Amateur

1.050,00 €

2019/000004-0

Concello de Cangas

P3600800A

VI Festival «Aturuxos Ao Son da Ría»

5.200,00 €

2019/000022-0

Concello de Viveiro

P2706700H

II Mostra de Teatro Afeccionado para Persoas con Discapacidade SuperArte

6.000,00 €