Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 2 de agosto de 2019 Páx. 35643

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade da relación de persoas beneficiarias e importes das axudas de agroambiente e clima (submedida 10.1) e de agricultura ecolóxica (submedidas 11.1 e 11.2) ao abeiro da Orde do 6 de febreiro de 2018.

Mediante a Orde do 6 de febreiro de 2018 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro), a Consellería do Medio Rural regulou a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

O artigo 27 da citada orde dispón que as resolucións poderán ser notificadas de acordo co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De conformidade co establecido no dito artigo, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Por outra banda, de conformidade co artigo 7.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria (de aquí en diante Fogga), atribuíuse á Dirección do Fogga a potestade de resolver os procedementos de concesión de axudas que se tramiten no ámbito das súas competencias.

RESOLVO:

Primeiro. Facer pública a relación de persoas beneficiarias e importes das axudas de agroambiente e clima (submedida 10.1) e de agricultura ecolóxica (submedidas 11.1 e 11.2) na web https://fogga.xunta.gal/ ao abeiro da Orde do 6 de febreiro de 2018.

Segundo. Os beneficiarios terán a disposición o detalle da resolución accedendo ao Portal de axudas PAC na web https://portal-sgapac.xunta.gal/

Terceiro. Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o presidente do Fogga, no prazo dun mes de conformidade co disposto no artigo 5.2 do Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, e nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A presentación do recurso poderá facerse en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2019

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria