Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 6 de agosto de 2019 Páx. 35902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a instalacións eléctricas no concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2019/18-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Jorge Ferreirós Lama, colexiado número 125 COITI de Ourense, en agosto de 2018, con visado número V180407 do 20.9.2018 do sinalado colexio profesional:

Solicitante: Urbaourense, Sociedad Urbanística Provincial en liquidación, CIF: A32379950.

Enderezo: Progreso, nº 32, Ourense.

Denominación: LMTS, CT e RBT Parque Empresarial Nogueira de Ramuín.

Situación: concello de Nogueira de Ramuín.

Descricións técnicas:

• LMTS ao CT do parque empresarial Nogueira de Ramuín, a 20 kV, de 650 m de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-12/20 kV 3×1×240 mm2 Al, con orixe na cela de liña do CT 32CFL9 (Luintra-3) de UFD e final no CT proxectado.

• RBTS, a 20 kV, de 585 m de lonxitude, 3 circuítos en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4×1×240 mm2 Al, con orixe no CT proxectado.

• CT en caseta prefabricada de formigón, cun conxunto de 2L1P, celas compactas con illamento en SF6, de 630 kVA de potencia e R/T: 20.000/400-V, a situar na Seara de Arriba.

• Orzamento: 125.642,98 €.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, coa simplificación dos procedementos que lle son, de ser o caso, de aplicación, tal e como se regula nos artigos 37 e 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e na Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 19 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de marzo), esta xefatura territorial, á vista do informe do Servizo de Enerxía e Minas emitido ao respecto,

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao medio ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Ourense, 1 de xullo de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense