Neste órgano xudicial tramítase xuízo verbal 844/2017, seguido por instancia de Julia Novoa Doval contra Rebeca Conde Romero, sobre reclamación de cantidades, nos cales, por Resolución do 30 de abril de 2019 e por petición da parte demandante, se expide edicto para publicación de sentenza.
Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Sr. Rodríguez Domínguez.
Lugar: Ourense.
Data: 18 de febreiro de 2019.
Demandante: Julia Novoa Doval.
Avogado: Miguel Ángel González Trigas.
Procuradora: María Gloria Sánchez Izquierdo.
Demandada: Rebeca Conde Romeiro.
Procedemento: xuízo verbal 844/2017.
Vistos por Águeda Rodríguez Domínguez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, os autos de xuízo verbal número 844/2017 sobre reclamación de cantidade derivada de incumprimento contractual (rendas, gastos asimilados) e danos causados na vivenda arrendada.
Decisión.
Estimo parcialmente a demanda formulada por Julia Novoa Doval, representada pola procuradora Sra. Sánchez Izquierdo, e defendida polo letrado Sr. González Trigas, contra Rebeca Conde Romeiro, e condeno a parte demandada a que lle aboe á parte demandante a cantidade de tres mil cento noventa e cinco euros (3.195 euros), máis os xuros legais devindicados desde a interposicion da demanda ata o completo pagamento en relación coa contía debida.
Cada parte aboará as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.
Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de 20 días desde o día seguinte ao da súa notificación (artigos 455 e 458 da LAC).
Así, por esta a miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos, quedando o orixinal no libro de sentenza deste xulgado, pronúncioa, mándoa e asínoa.
Ourense, 30 de abril de 2019
A letrada da Administración de xustiza