Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 9 de agosto de 2019 Páx. 36393

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 30 de xullo de 2019 de corrección de erros na Resolución do 9 de xullo de 2019 do procedemento BS324B de concesión de subvencións destinadas a proxectos de mobilidade presentados por entidades sen ánimo de lucro, que desenvolven actividades no eido da xuventude na convocatoria do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

A Consellería de Política Social convocou no ano 2019, a través da Orde do 26 de abril de 2019 (DOG núm. 81, do 29 abril) as bases do procedemento de concesión de subvencións para o Programa de mobilidade transnacional xuvenil, para a realización de prácticas formativas non laborais en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos. O procedemento de concesión de subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

As subvencións á mobilidade establecidas na dita orde regularanse a través dos seguintes procedementos:

a) BS324A: subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega.

b) BS324B: subvencións a proxectos de mobilidade presentados por entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.

c) BS324C: subvencións para proxectos de mobilidade presentados por concellos, mancomunidades, agrupacións ou fusións de concellos.

De conformidade coa disposición adicional primeira, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Política Social na persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, para resolver a concesión, denegación, modificación, a procedencia de reintegro total ou parcial, a declaración de perda de dereito da subvención, ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispor os gastos, o recoñecemento de obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Así mesmo, o artigo 13 da orde indica que se publicará no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións dos procedementos, coa relación de persoas beneficiarias, excluídas e en lista de agarda. Esta publicación producirá efectos de notificación. Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e de xeito adicional efectuaranse notificacións complementarias por medios electrónicos cando as persoas interesadas estean obrigadas a comunicarse por esta vía.

Con data do 9 de xullo de 2019, dítase a resolución do procedemento BS324B: subvencións a proxectos de mobilidade presentados por entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude foi notificada por Resolución do 10 de xullo de 2019, sendo publicada no Diario Oficial de Galicia número 137, do 19 de xullo de 2019.

Advertido erro na dita Resolución do 9 de xullo de 2019, concretamente no anexo I: Relación de entidades sen ánimo de lucro beneficiarias, no número de orde 11, na columna: número de mobilidades, onde di número mobilidades «7», debe dicir número de mobilidades: «14».

Iníciase o expediente de rectificación de erros ao abeiro do artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, finalizado por Resolución do 30 de xullo de 2019 que procede notificar.

Polo exposto,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 30 de xullo de 2019, de corrección de erros da Resolución do 9 de xullo de 2019 do procedemento BS324B de concesión de subvencións destinada ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, presentados por entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da mocidad e que figura no anexo.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2019

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 30 de xullo de 2019 de corrección de erros na Resolución do 9 de xullo de 2019 do procedemento BS324B de concesión de subvencións a proxectos de mobilidade presentados por entidades en ánimo de lucro, que desenvolven actividades no eido da xuventude.

Advertido un erro na Resolución do 9 de xullo de 2019 de concesión de subvencións a proxectos de mobilidade presentados por entidades en ánimo de lucro, que desenvolven actividades no eido da xuventude na convocatoria do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, notificada por Resolución do 10 de xullo de 2019 publicada no Diario Oficial de Galicia número 137, do 19 de xullo, e en base ao establecido no artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre facer a seguinte corrección:

No anexo I: Relación de entidades sen ánimo de lucro beneficiarias, no número de orde 11, na columna: número de mobilidades, onde di número mobilidades «7», debe dicir número de mobilidades: «14».

Por todo o anterior, e por proposta da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude,

RESOLVO:

Rectificar o dito erro e proceder á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2019. A conselleira de Política Social. P.D. Orde do 26 de abril de 2019 (DOG núm. 81, do 29 de abril de 2019). A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel Toimil.