BDNS (Identif:): 469667.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as confrarías de pescadores de Galicia que desenvolvan un proxecto colectivo en lonxas pesqueiras que teña como obxecto mellorar a súa eficiencia enerxética mediante a modernización das instalacións de iluminación interiores por tecnoloxía led, e a modernización ou incorporación de sistemas de control de acendido e de regulación do nivel de iluminación.
Segundo. Finalidade
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras xerais para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos que melloren a eficiencia enerxética nas lonxas pesqueiras mediante a modernización das instalacións de iluminación interiores baseadas en tecnoloxía led, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
Tamén é obxecto desta orde convocar as axudas para o ano 2019 de acordo coas bases reguladoras.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 24 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2019 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos que melloren a eficiencia enerxética nas lonxas pesqueiras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (código de procedemento PE209E).
Cuarto. Importe
O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas durante o exercicio do ano 2019 e plurianualidade asociada alcanza o importe de douscentos cincuenta e cinco mil euros (255.000,00 euros), repartidos nas seguintes anualidades e partida orzamentaria:
Partida orzamentaria |
Ano 2019 |
Ano 2020 |
Total |
15.03.514A.781.0 |
150.000,00 € |
105.000,00 € |
255.000,00 € |
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2019
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar