Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 12 de agosto de 2019 Páx. 36543

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2019 pola que se modifica o anexo I da Resolución do 18 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2019/20.

A Resolución do 18 de xuño de 2019, que se publicou no Diario Oficial de Galicia núm. 125, do 3 de xullo, estableceu o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e a convocatoria para o curso escolar 2019/20.

Esta resolución desenvolveu a normativa básica estatal contida no Real decreto 511/2017, do 22 de maio, polo que se desenvolve a aplicación en España da normativa da Unión Europea en relación co programa escolar de consumo de froitas, hortalizas e leite, que establece as modalidades de aplicación da nova normativa da Unión Europea en relación cos plans escolares de consumo de froitas, hortalizas e leite.

O Real decreto 511/2017, do 22 de maio, modificouse recentemente polo artigo terceiro do Real decreto 452/2019, do 19 de xullo, coa finalidade de obter unha maior eficacia no uso dos fondos da Unión Europea, recollendo un novo anexo que modifica os valores máximos dalgúns produtos, así como a unidade de medida empregada (litros no caso do leite líquido de consumo) e prevé na súa disposición final segunda a súa aplicación a partir do curso escolar 2019/20, incluído.

Isto determina a exixencia de modificar a Resolución do 18 de xuño de 2019 para adecuar a súa regulación ás previsións contidas no Real decreto 452/2019, do 19 de xullo.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, en aplicación da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das facultades previstas no artigo 2 da devandita Lei 7/1994,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Resolución do 18 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2019/20

A Resolución do 18 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2019/20 modifícase nos seguintes termos:

Modifícase o anexo I, que queda coa seguinte redacción:

«ANEXO I

Importe sen IVE máximo aplicable ao produto en €/kg e €/l

a) Froitas frescas e castañas.

Produto

Importe sen IVE máximo aplicable ao produto (€/kg)

Albaricoque

3,70

Ameixa

2,69

Amorodo

3,75

Caqui

2,25

Castaña

10,59

Cereixa

4,74

Figo fresco

4,38

Froitas tropicais (chirimoia, mango, papaia ...)

2,62

Froitos vermellos (framboesa, arando, grosella ...)

12,87

Granada

2,70

Híbrido de pequenos cítricos

2,07

Kiwi

2,99

Laranxa

1,98

Mandarina

2,72

Mazá

1,88

Melón

2,99

Nectarina

2,56

Néspera

3,92

Paraguaio

2,97

Pera

2,19

Pexego

2,41

Plátano

2,45

Sandía

1,16

Uva

3,23

b) Leite líquido de consumo e as súas versións sen lactosa.

Produto

Importe sen IVE máximo aplicable ao produto (€/l)

1.1

Leite tratado termicamente (pasteurizado)

1,40

1.2

Leite tratado termicamente (os demais)

1,38

1.3

Leite tratado termicamente. Sen lactosa.

1,40

c) Transporte.

Traxecto total da ruta de distribución

Axuda sen IVE complementaria para gastos de transporte (€/kg)

Máis de 350 km, pero menos de 500 km

0,0726

Máis de 500 km, pero menos de 750 km

0,0953

Máis de 750 km

0,1083

Suplemento por transporte frigorífico

0,0085

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de aplicación ao curso escolar 2019/20.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2019

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria