De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:
– Resolución do 23 de xullo de 2019, da Consellería do Mar, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga), a execución do servizo de control do cumprimento dos requisitos establecidos para o exercicio da actividade pesqueira na reserva dos Miñarzos.
– Actividade: a comprobación do cumprimento dos requisitos establecidos para o exercicio das actividades pesqueiras na área marítima protexida dos Miñarzos, para iso executaranse unha serie de traballos para o desenvolvemento e soporte da plataforma dun sistema telemático de localización e xestión de embarcacións formado por localizadores instalados nas embarcacións censadas.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios, S.A. (Seaga) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: desde o 23 de xullo de 2019 ata o 30 de xuño do ano 2021.
– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2019, 2020 e 2021 aplicación orzamentaria 15.02.723A.640.1 con código de proxecto 2016-00287.
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2019
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar