Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 14 de agosto de 2019 Páx. 36847

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 96/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 96/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de MC Mutual Cyclops (MC Mutual) contra José Antonio Iglesias Garaboa, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Diseño As Cancelas, S.L., Iglesias Garaboa José A. y Otra, C.B., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Team Salón, S.L. e Diseño Pontevedra, S.L., se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2019.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar os executados, José Antonio Iglesias Garaboa, Diseño As Cancelas, S.L., Iglesias Garaboa José A. y Otra, C.B., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Team Salón, S.L. e Diseño Pontevedra, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 603,42 euros en concepto de principal (diferenzas de prestación de incapacidade temporal) máis outros 60,34 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens dos executados.

c) Unha vez que sexa firme esta resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

A letrada da Administración de xustiza»

Para que sirva de notificación en legal forma a Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Team Salón, S.L. e Diseño Pontevedra, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza