Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 14 de agosto de 2019 Páx. 36883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de xullo de 2019 de notificación colectiva polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia dos importes de canon da auga e coeficiente de vertedura declarados como impagados polas entidades subministradoras de auga.

En data 20 de xullo de 2019 a directora de Augas de Galicia ditou unha resolución cuxa parte resolutiva dispón:

«Primeiro. Aprobar o padrón cobratorio que contén a relación de debedores e os importes de canon da auga e coeficiente de vertedura declarados como impagados polas entidades subministradoras de auga nos modelos de autoliquidación dos anos 2015, 2016 e 2017.

Segundo. Expoñer ao público, para a súa notificación colectiva, na Área de Réxime Económico-Financeiro de Augas de Galicia con enderezo na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, o referido padrón por prazo dun mes a partir do día seguinte á inserción do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, debendo os debedores, ou os seus representantes, comparecer en dito prazo no citado enderezo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o mencionado prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Advertencias.

Recursos:

Contra as liquidacións que figuran no indicado padrón de debedores, os interesados poderán interpoñer, alternativamente, recurso de reposición ante a directora de Augas de Galicia ou ben reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Consellería de Facenda), no prazo dun mes a partir do día seguinte en que se notifiquen por comparecencia as liquidacións ou, se é o caso, desde que se entende notificada por falta de comparecencia.

En calquera dos casos anteriores o escrito de interposición dirixirase á directora de Augas de Galicia.

Lugar e prazo de pagamento:

O pagamento das liquidacións deberá realizarse en calquera das oficinas de Abanca nos prazos seguintes en función da data en que se notifique por comparecencia ou, se é o caso, se entenda notificada a liquidación por non comparecencia:

– Polas liquidacións notificadas ou que se entendan notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o día 20 do mes seguinte.

– Polas liquidacións notificadas ou que se entendan notificadas entre os días 16 e último de cada mes, ata o día 5 do segundo mes posterior.

No caso de que o último día de pagamento non fose hábil, estenderase o prazo de pagamento ata o inmediato hábil seguinte.

Unha vez transcorridos os devanditos prazos, procederase á recadación en vía executiva.

Forma de pagamento:

Aqueles contribuíntes que comparecesen dentro do prazo sinalado poderán efectuar o pagamento mediante a carta de pagamento que se lles entregará no momento de comparecer.

Aqueles contribuíntes que non comparecesen dentro do prazo sinalado poderán efectuar o pagamento mediante a carta de pagamento que recibirán no seu domicilio. No caso de que non recibisen a carta de pagamento no seu domicilio, ou a extraviasen, poderán dirixirse a Augas de Galicia para solicitar a carta de pagamento para poder efectuar o seu pagamento».

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia