Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 19 de agosto de 2019 Páx. 36935

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (911/2018).

Eu, Ángel Gómez Santos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que neste xulgado se ditou resolución:

«Sentencia número 148/2019.

Vigo, 4 de xullo de 2019.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 911/2018 séguense por instancia de Real Club Náutico de Vigo, representado pola procuradora María Isabel Domínguez Quintas e dirixido polo letrado Ricardo Vidal Sampedro, contra de Pablo Albores Cabaniña, os cales teñen por obxecto unha pretensión de cumprimento contractual…

Resolución

Estimo totalmente a demanda formulada por Real Club Náutico de Vigo contra de Pablo Albores Cabaniñas, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Pablo Albores Cabaniñas a aboarlle a Real Club Náutico de Vigo a cantidade de 1.067,14 euros, a cal reportará, contada desde a data da presente sentencia, o xuro legal dos cartos, incrementado en dous puntos.

2º. Condeno a Pablo Albores Cabaniñas a pagar as custas do presente proceso.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás cales se lle fará saber que esta é firme e que contra ela non cabe formular recurso de ningún tipo.

Así o acordo, mando e asino».

Que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC e para que sirva de notificación ao demandado Pablo Albores Cabaniña expido este edicto.

Vigo, 4 de xullo de 2019

O letrado da Administración de xustiza