Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 19 de agosto de 2019 Páx. 36936

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (DCT 201/2019).

No procedemento de referencia ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 254.

Vigo, 5 de xullo de 2019.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 201/2019 sobre disolución do matrimonio por divorcio, actuando como demandante Marcos Veloso Amoedo, representado pola procuradora dos tribunais Soledad Pérez González e con asistencia letrada de Jana Calero Fernández, contra Olga Díez Lorenzo, declarado en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito

Resolución

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Pérez González, en nome e representación de Marcos Veloso Amoedo, contra Olga Díez Lorenzo, declarada en situación de rebeldía, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

O uso da vivenda e enxoval familiar atribúese ao Sr. Veloso Amoedo.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Olga Díez Lorenzo, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 18 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza