Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 20 de agosto de 2019 Páx. 37051

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 197/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 197/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Refojo González contra a empresa Hipescar, S.L., María José Lorenzo Gómez, Juan Manuel Capella Pérez, Fidel Derivados Cárnicos, S.L. e Campiñas de Laíño, S.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2019

Antecedentes de feito:

Primeiro. Nos presentes autos ditouse Sentenza do 1 de febreiro de 2019 respecto da cal a parte Campiñas de Laíño, S.A. anunciou recurso de suplicación.

Segundo. Por Resolución do 15 de maio de 2019 acordouse con carácter previo solicitar a parte recorrente para que constituíse depósito, así como a consignación da cantidade obxecto de condena no prazo de cinco días.

Terceiro. Na data da presente resolución transcorreu o prazo de cinco días desde a notificación á recorrente da resolución de posta á disposición dos autos, sen que conste presentado en debida forma o escrito interpoñendo o recurso de suplicación anunciado.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispón o artigo 450.1 da Lei de axuizamento civil, subsidiariamente aplicable nesta xurisdición, que todo recorrente poderá desistir do recurso antes de que sobre el se dite resolución.

O número 2 do mesmo artigo manifesta que se só algún ou algúns dos recorrentes, no caso de seren varios, desistisen, a resolución impugnaa non será firme en virtude do desistencia, pero teranse por abandonadas as pretensións de impugnación que foren exclusivas daqueles que tivesen desistido.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

Ter o recorrente Campiñas de Laíño, S.A. por desistido do recurso de suplicación anunciado fronte á Resolución do 1 de febreiro de 2019.

Procede decretar a firmeza da resolución.

Modo de impugnación: poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza