Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 26 de agosto de 2019 Páx. 37623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 9 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS650A (expediente 36/00518-I/16 e un máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e ao abeiro da disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, tentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles mediante edicto os referidos actos administrativos ás ditas persoas, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Vigo, na rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán notificadas.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 9 de xullo de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Número de DNI/NIE

Número de expediente

Resolución e data

39497738E

3600518-I/16

Denegación 16.4.2019

43527883S

3600531-I/16

Denegación 24.4.2019