Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 26 de agosto de 2019 Páx. 37624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de xullo de 2019 polo que se declara a perda da condición de utilidade pública e exclusión parcial do Catálogo de montes de utilidade pública dunha parte do monte de San Alberto, número 205, no concello de Ribeira.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o seguinte anuncio:

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 4 de xullo de 2019, adoptou entre outros o seguinte

ACORDO:

1. Declarar a perda da condición de utilidade pública e exclusión parcial do Catálogo de montes de utilidade pública dunha parte do monte San Alberto, número 205, no concello de Ribeira (A Coruña), que inclúe a superficie que se relaciona a seguir:

– 2,63 ha (2,8 % da superficie total do monte).

2. A superficie do monte de utilidade pública, logo desta exclusión, pasará a ser de 89,25 ha.

3. Dar traslado ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación da citada exclusión do catálogo.

Contra este acordo as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, con carácter potestativo, ante o Consello da Xunta de Galicia no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 114 e 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2019

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal