Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 26 de agosto de 2019 Páx. 37571

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 13 de agosto de 2019, do procedemento BS324A de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega destinadas a Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

A Consellería de Política Social convocou no ano 2019, a través da Orde do 26 de abril de 2019 (DOG núm. 81, do 29 abril) as bases do procedemento de concesión de subvencións para o Programa de mobilidade transnacional xuvenil, para a realización de prácticas formativas non laborais en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos. O procedemento de concesión de subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

As subvencións á mobilidade establecidas na dita orde regularanse a través dos seguintes procedementos:

a) BS324A: subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega.

b) BS324B: subvencións a proxectos de mobilidade presentados por entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.

c) BS324C: subvencións para proxectos de mobilidade presentados por concellos, mancomunidades, agrupacións ou fusións de concellos.

De conformidade coa disposición adicional primeira, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Política Social na persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, para resolver a concesión, denegación, modificación, a procedencia de reintegro total ou parcial, a declaración de perda de dereito da subvención, ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispor os gastos, o recoñecemento de obrigas e a proposta de pagamento, en relación ao disposto no artigo 73 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Así mesmo, o artigo 13 da orde indica que se publicará no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións dos procedementos, coa relación de persoas beneficiarias, excluídas e en lista de reserva, serán publicadas. Esta publicación producirá efectos de notificación. Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e de xeito adicional efectuaranse notificacións complementarias por medios electrónicos cando as persoas interesadas estean obrigadas a comunicarse por esta vía.

Con data do 22 de xullo de 2019 ditouse resolución de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega, sendo notificada por Resolución do 23 de xullo de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia do 31 de xullo de 2019, (DOG número 144).

A contía global da convocatoria recollida no artigo 6 da orde é de 1.945.311,00 €, a distribución dos créditos era a seguinte:

a) BS324A: 653.819,00 € con cargo á aplicación 13.05.313A.480.0, para as subvencións de mobilidade individuais de mozos e mozas.

b) BS324B: 941.492,00 € con cargo á aplicación 13.05.313A.481.0, para a concesión de proxectos presentados por entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude, e

c) BS324C: 350.000,00 € con cargo á aplicación 13.05.313A.460.0, para proxectos presentados por concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo.

No artigo 6.3 da orde de convocatoria recóllese que no caso de producirse remanentes de crédito nalgún dos procedementos anteriores, procederase á reasignación das contías sobrantes entre os restantes polo que os importes de cada procedemento poderán ser incrementados ou minorados como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos destinados ao financiamento dos programas do Sistema nacional de garantía xuvenil, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño. No procedemento BS324A, aplicación orzamentaria 13.05.313A.480.0, segundo a Resolución do 22 de xullo son 148 os mozos e mozas beneficiarios/as, cun importe adxudicado de 653.819,00 €, cun remanente de 2.570,89 €, e 79 persoas na lista de agarda.

Con data do 2 de agosto de 2019 contabilizouse a reasignación de créditos incrementando o procedemento BS324A en 48.334,78 € na aplicación 13.05.313A.480.0, esta aplicación tamén se ve incrementada polas renuncias de 5 participantes na cantidade de 24.118,46 € e, de conformidade co exposto, ditase nova resolución o 20 de agosto de 2019, no procedemento BS324A de concesión de subvencións destinada ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, presentados polos mozos e mozas individualmente, inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil e que figuren como beneficiarios no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 13 de agosto de 2019, ditada no procedemento BS324A de concesión de subvencións individuales para a xuventude galega destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, presentados por mozos e mozas individualmente, inscritos/as no Sistema nacional de garantía xuvenil e que figuren como beneficiarios/as, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 13 de agosto de 2019 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. A notificación da resolución comprenderá o acto de outorgamento da subvención que será efectiva desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 22 da orde de convocatoria. Malia iso, a efectividade da resolución estará condicionada a que o/a beneficiario/a a acepte expresamente, mediante a entrega da documentación de conformidade co artigo 10 da orde, nos seguintes prazos:

a) No prazo de 10 días hábiles, o anexo III cuberto aceptando ou renunciando á subvención. No caso de solicitar o anticipo previsto no artigo 24.2 terá que indicalo no mesmo anexo marcando o cadro previsto para o efecto e indicando o número de conta bancaria da que sexa titular, co código IBAN.

b) No prazo de 20 días hábiles deberá presentar, sempre que non se presentara con anterioridade: o anexo IV-A ou compromiso da empresa/entidade de prácticas. O anexo deberá estar asinado pola persoa responsable da empresa/entidade.

A falta de presentación en prazo e forma dos anexos III e IV-A, determinará a perda do dereito á subvención, previa resolución ditada nos termos do artigo 21, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, incluíndo audiencia da persoa beneficiaria e sen que esta declaración dea lugar a ningún tipo de dereito indemnizatorio.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2019

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
P.S. (Disposión adicional primeira do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Mª Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 13 de agosto de 2019 ditada no procedemento BS324A de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega destinadas a Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

De conformidade co artigo 6 da orde de convocatoria a contía total do programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2019 é de 1.945.311,00 €, para o que existe crédito suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019 no proxecto 2015/00551. Este programa está cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91,89 %.

A distribución de crédito para o procedemento BS324A, con cargo á aplicación 13.05.313A.480.0 para as subvencións de mobilidade individuais de mozos e mozas é de 653.819,00 €.

Con data do 31 de xullo de 2019 publícase no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 22 de xullo de 2019 de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mociade galega, incluíndo a lista de reserva e lista de persoas excluídas.

Tras a nova reasignación de créditos sobrantes e as renuncias presentadas por cinco participantes e ao abeiro do artigo 6.3, cóntase para o procedemento BS324A con máis crédito orzamentario.

Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude de conformidade co disposto na Orde do 26 de abril de 2019, pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar cinco renuncias da lista de persoas beneficiarias:

orde

Nº exp.

Nome

Apelidos

NIF

País

Puntuación total

Orzamento

Nº meses

Nº días

22

2019/A/170

Alba María

Rodríguez Real

***7378**

R. Unido

4,9

5.166,00 €

3

69

2019/A/041

Noa

Philippon Salinas

***6405**

Italia

4,2

3.604,46 €

2

17

71

2019/A/180

Zaira

Diz Vila

***6854**

R. Unido

4,2

5.166,00 €

3

93

2019/A/085

Sara

Martínez Río

***2295**

R. Unido

4

5.166,00 €

3

119

2019/A/081

Isabel

Pereira Pereira

***9204**

R. Unido

3,8

5.016,00€

3

Segundo. Aceptar dúas renuncias da lista de agarda:

orde

Nº exp.

Nome

Apelidos

NIF

País

Puntuación total

Orzamento

Nº meses

Nº días

6

2019/A/167

Nerea

Varela Castro

***0952**

R. Unido

2,4

4.318,55 €

2

15

39

2019/A/149

Ana

Alonso Freiría

***9478**

Irlanda

1,4

4.542,00 €

3

Terceiro. Conceder ás persoas da lista de agarda a subvención convocada na Orde do 29 de abril de 2019 con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.480.0:

orde

Nº exp.

Nome

Apelidos

NIF

País

Puntuación total

Orzamento

Nº meses

Nº días

1

2019/A/184

Raúl

Iglesias Pérez

***6348**

R. Unido

2,6

5.166,00 €

3

2

2019/A/191

Félix

Barrio Rodríguez

***7876**

Irlanda

2,6

3.078,00 €

2

3

2019/A/247

Juan Ramón

Baldó Vázquez

***6064**

R. Unido

2,6

5.166,00 €

3

4

2019/A/003

Inmaculada

Recarey Tomé

***1750**

R. Unido

2,4

5.166,00 €

3

5

2019/A/070

Carlota

Arana Díaz

***5014**

Irlanda

2,4

4.542,00 €

3

7

2019/A/197

Marta

Sucasas Álvarez

***4816**

P. Baixos

2,4

4.116,00 €

3

8

2019/A/223

María

Regueira Muñiz

***8781**

Dinamarca

2,4

4.613,12 €

2

24

9

2019/A/187

Diego

Trincado Sandá

***0622**

R. Unido

2,4

5.016,00 €

3

10

2019/A/178

Diana Marcela

Castillo Bañol

***7195**

R. Unido

2,4

5.166,00 €

3

11

2019/A/213

Pablo

Suárez Pérez

***4269**

Portugal

2,3

2.204,00 €

2

12

2019/A/005

Eugenia

Taboada Blanco

***1553**

Portugal

2,3

2.354,00 €

2

13

2019/A/075

Álvaro Beltrán

González Fernández

***4099**

Portugal

2,2

3.456,00 €

3

14

2019/A/046

Pablo Lucas

Cevallos García

***3993**

R. Unido

2,2

3.494,00 €

2

15

2019/A/132

Pedro

Silva Castromil

***6863**

R. Unido

2,2

3.494,00 €

2

16

2019/A/106

María

Parra Díaz

***8804**

Irlanda

2

2.928,00 €

2

17

2019/A/206

Jonatan

Santos Seoane

***6052**

Portugal

2

2.354,00 €

2

18

2019/A/224

Daniel

Neira Yanes

***5260**

R. Unido

2

5.166,00 €

3

19

2019/A/001

Lucía

Bello Calvo

***7234**

Francia

2

4.404,00 €

3

Cuarto. A finalidade das subvencións é fomentar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/as mozos/as inscritos/as no Sistema nacional de garantía xuvenil, non ocupados e non integrados nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición de experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumentan a empregabilidade das persoas novas.

Estas subvencións están cofinanciadas nun 91,89% pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo.

Eixe 5. Integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas que non están empregadas nin participan en actividades de educación e formación, en particular, no contexto da garantía xuvenil.

Prioridade de investimento 8.2. Integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas que non estean empregadas nin participen en actividades de educación nin formación, así como os mozos e mozas que corren o risco de subrir exclusión social e mais os/as procedentes de comunidades marxinadas, en particular no contexto de garantía xuvenil.

Obxectivo específico 8.2.2. Reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

Medida 8.2.2.8. Programa de subvencións para proxectos de mobilidade dirixido á mocidade para a realización de prácticas formativas en empresas/entidades de países europeos, de modo que complementan a súa competencia profesional e persoal, incrementado así as súas posibilidades de inserción laboral.

A concesión desta subvención supón que a persoa beneficiaria acepta ser incluída na lista pública de operacións prevista no artigo 115 do Regulamento (UE) 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas a FSE e outros fondos.

Para dar cumprimento aos requisitos de información e comunicación previstos nos anexos I e II do Regulamento (UE) 1304/2013 (modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo), poñerase á disposición das persoas beneficiarias a través da aplicación informática Participa 1420 os cuestionarios de indicadores de produtividade, resultado inmediato e a longo prazo, garantindo a integridade dos datos e a depuración automática da información.

O método aplicado para determinar o importe da subvención é de baremo estándar de costos unitarios por participante, en función do país de destino e duración das prácticas.

Quinto. As subvencións concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas no artigo 45 a Orde do 26 de abril de 2019.

As persoas beneficiarias da subvención deberán cumprir as seguintes obrigas:

a) Buscar pola súa conta a empresa/entidade pública ou privada para realizar as prácticas.

b) Dispor dos seguros de accidentes e de responsabilidade civil necesarios para facer as prácticas, así como da tarxeta sanitaria europea ou seguro médico que dean cobertura equivalente durante o período de duración das mobilidades, e enviar copia á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado de conformidade co artigo 10.

c) Manter contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado desde o momento en que resultan beneficiarios/as, especialmente durante a realización das estadías formativas e para os efectos do previsto no capítulo V, durante o ano seguinte á finalización das prácticas.

d) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas ás cales sexan convocadas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, tanto previas á saída, como durante a estadía formativa, ou á volta das prácticas. Os mozos e as mozas beneficiarios/as serán convocados/as mediante correo electrónico a unhas sesións formativas correspondentes sobre o programa de mobilidade, previas ao inicio da realización das prácticas e a finalización delas nas 6 semanas posteriores, que serán de asistencia obrigatoria, agás xustificación motivada por escrito, as xornadas á finalización das prácticas tratan de actuacións de orientación laboral coa finalidade de facilitar a inserción laboral.

e) Cubrir os cuestionarios relativos aos indicadores de produtividade e de resultados, cos datos que lles sexan solicitados de entre os establecidos no anexo IX, segundo a forma e prazos que establecen os artigos 22.3 e 29.

f) Remitirlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, de conformidade co artigo 10:

1º. Ata 3 días antes de comezar as prácticas, copia da póliza de accidentes e seguro de responsabilidade civil e a da tarxeta sanitaria europea ou seguro médico equivalente.

2º. No prazo máximo de 3 días desde que se inicien as prácticas, para os efectos de seguimento da actividade segundo o disposto no capítulo V, deberán enviar un correo electrónico onde se indique:

Se existe ou non algunha variación nos datos indicados no anexo IV-A.

O calendario de realización das prácticas, no cal se indique claramente a data de comezo e fin, os días laborables por semana e o horario.

3º. A comunicación da interrupción ou abandono das prácticas no prazo dos 3 días seguintes a que se produza o feito, con motivación das causas.

4º. Comunicar e motivar o cambio de empresa/entidade de prácticas e remitir un novo anexo IV-A cuberto coa aceptación da nova empresa no prazo máximo dos 3 días seguintes a producirse o cambio. De ningunha maneira se poderá admitir un cambio de empresa a outro país de destino se este cambio supón un aumento de contía nas subvencións concedidas.

g) Realizar a totalidade da mobilidade solicitada, sen incumprimento horario nin faltas de asistencia non xustificadas, sen prexuízo das compensacións horarias e de días de asistencia que se poidan facer de acordo coa empresa/entidade de prácticas.

h) Observar un código de conduta ético nas empresas/entidades onde se realicen as prácticas e en xeral no transcurso da mobilidade.

i) Comunicar á oficina de emprego a participación neste programa.

Sexto. A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 44 e o pagamento da subvención realizarase de acordo ao establecido no artigo 24.

As persoas beneficiarias disporán dun prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, para achegar o anexo III aceptando o renunciando a subvención e, no caso de solicitar o anticipo previsto no artigo 24.2 da orde terá que indicalo no mesmo anexo.

No prazo de 20 días hábiles deberá presentar, sempre que non o presentara con anterioridade: o anexo IV-A ou compromiso de empresa/entidade de prácticas. O anexo deberá estar asinado pola persoa responsable da empresa/entidade.

A non presentación dos anexos III e IV-A en prazo e forma conleva a declaración da perda do dereito á subvención, sen que dea lugar a ningún tipo de dereito indemnizatorio para as persoas beneficiarias.

Sétimo. Esta resolución que esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-adminsitrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2019. Conselleira de Política Social. P.D. (Orde do 26 de abril de 2019: DOG núm. 81, do 29 de abril). Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Por suplencia artigo 4 Orde do 3.3.2016 e Decreto 176/2015, do 3 de decembro. Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Mª Amparo González Méndez.