Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37685

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 30 de xullo de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, polo que se modifica o Anuncio do 27 de xuño de 2019 polo que dá publicidade á Resolución ST 1/2019 da mesma data pola que se convocan, para vinculacións temporais, varias prazas de persoal estatutario licenciado sanitario de atención hospitalaria.

No DOG núm. 135, do 17 de xullo de 2019, anunciouse a publicación da Resolución ST 1/2019, do 27 de xuño, do xerente de Xestión Integrada de Vigo, pola que se convocan, para vinculacións temporais, varias prazas de persoal estatutario licenciado sanitario de atención hospitalaria.

Detectado por esta administración un erro no anexo I da dita resolución (páxina 15, Análises Clínicas), procédese a súa corrección segundo o recollido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que establece: «As administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos».

A citada corrección de erros estará exposta nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da Xestión Integrada de Vigo e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes para os/as aspirantes ás prazas convocadas de persoal facultativo especialista de área en Análises Clínicas amplíase ata o 19 de setembro de 2019.

Vigo, 30 de xullo de 2019

Julio García Comesaña
Xerente de Xestión Integrada de Vigo