Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37684

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2019 pola que se dá publicidade á encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas da xestión das actuacións para a execución das obras de asfaltado de vías nos hospitais deste organismo.

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á resolución do Servizo Galego de Saúde, con data do 19 de agosto de 2019, pola que se encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para a execución das obras de asfaltado de vías nos hospitais do Servizo Galego de Saúde.

– Actividade: encargar á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para a execución das obras de asfaltado de vías nos hospitais do Servizo Galego de Saúde.

Para a realización desta encomenda de xestión, a Axencia Galega de Infraestruturas asume a posición de órgano encomendado e desenvolverá todos aqueles actos e negocios xurídicos propios da preparación, selección de contratista, adxudicación e execución de obras públicas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: o encargo ten natureza intersubxectiva, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte á sinatura da encomenda ata a data de finalización do prazo de garantía das obras.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde