Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 28 de agosto de 2019 Páx. 38066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilamarín (expediente IN407A 2019/22-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Jorge Ferreirós Lama, colexiado núm. 125 COITI de Ourense, en febreiro de 2019, con visado nº V190165, do 29.3.2019, do sinalado colexio profesional:

Solicitante: Cooperativa Agrícola Ganadera Ourense, S. Coop. Galega.

Enderezo: Centro Procesado Avícola, Santa Cruz de Arrabaldo, s/n, Ourense.

Denominación: LMTS a 20 kV, CT, RBT de UFD en Sobreira e centro de entrega e medida, LMTS e CT para incubadora de Sobreira.

Situación: concello de Vilamarín.

Características técnicas:

• LMTS de alimentación a CT en Sobreira a 20 kV, de 42 m de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×1×95 mm2 Al, con orixe no apoio existente nº B7BU8K19//134-3-CT, con PAS, da LMT PRS811 e final na cela de liña do CT-32A945-(nova situación).

• CT Sobreira de UFD-32A945-(nova situación en caseta), de 250 kVA de potencia, con R/T: 20.000/400-V. Dotado de conxunto de celas compactas tipo RM6 (2L+1P) e 4 saídas en BT.

• Rede de baixa tensión (RBT) de 102 m de lonxitude, en condutor XZ1 4×1×240 mm2 Al, con orixe no CT proxectado.

• LMTS a 20 kV de acometida a centro de entrega e medida (CEM) para incubadora, de 10 m de lonxitude, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×1×95 mm2 Al, con orixe na cela de liña do CT 32A945 (nova situación) e final no CEM para incubadora.

• Centro de entrega e medida (CEM) en parcela incubadora Sobreira, en caseta prefabricada de formigón, con 2 celas (remonte+medida).

• LMTS a 20 kV de alimentación a CT incubadora, de 60 m de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×1×95 mm2 Al, con orixe no CEM e final no CT proxectado en caseta-incubadora de Sobreira.

• CT incubadora Sobreira, en caseta de formigón prefabricada, de 630 kVA de potencia aparente e R/T: 20.000/400 V, con 2 celas (remonte+protección), 3 fusibles APR 40A/24 kV e interruptor-seccionador con corte en SF6.

• Orzamento: 104.991,03 €.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, coa simplificación dos procedementos que lle son, de ser o caso, de aplicación, tal e como se regula nos artigos 37 e 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e na Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 19 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de marzo), esta xefatura territorial, á vista do informe do Servizo de Enerxía e Minas emitido ao respecto, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 17 de xuño de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense