Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 28 de agosto de 2019 Páx. 37771

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publica a Resolución do 2 de agosto de 2019, ditada nos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as no Centro Residencial Xuvenil LUG para o curso académico 2019/20.

No Diario Oficial de Galicia núm. 92, do 15 de maio, publícase a Orde do 30 de abril de 2019 pola que se convocan prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2019/20, en réxime de concorrencia competitiva.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:

Cidade

Residencia

Núm. de prazas

Lugo

Centro Residencial Xuvenil LUG

74 Home/muller

Ourense

Florentino López Cuevillas

55 Home/muller

Vigo

Altamar

87 Home/muller

Do total de prazas resérvase un 9 % para mozos e mozas que desempeñen unha actividade profesional. No suposto de que non se cubran todas as prazas reservadas a persoas que desenvolvan unha actividade profesional coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes ofertaranse a estudantes.

No artigo 12.1 establécese que por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, a resolución de adxudicación das prazas, a relación definitiva de persoas admitidas e a lista de agarda coa puntuación obtida serán aprobadas e notificadas pola persoa titular da xefatura territorial de cada provincia onde radique a residencia no prazo máximo de catro meses, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, deberá entenderse desestimada a solicitude correspondente. As ditas relacións notificaranse de acordo co establecido no artigo 7.

Na disposición derradeira primeira, apróbase a delegación de competencias da persoa titular da Consellería de Política Social na persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Política Social en función do seu respectivo ámbito territorial, para resolver a adxudicación de prazas e a perda do dereito nas residencias xuvenís dependentes da consellería.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 7 e 12 da referida Orde do 30 de abril de 2019, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, http://xuventude.net, con carácter complementario.

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 2 de agosto de 2019 ditada nos procedementos BS303B, prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D, prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as no Centro Residencial Xuvenil LUG para o curso académico 2019/20, e na páxina web http://xuventude.net.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 2 de agosto de 2019 pon fin á vía administrativa e contra ela se pode interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 6 de agosto de 2019

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Artigo 31.2.1.e) do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Resolución do 2 de agosto de 2019, ditada nos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as, excluídos/as e lista de espera no Centro Residencial Xuvenil LUG para o curso académico 2019/20

Convocada a oferta de prazas para os procedementos BS303B e BS303D nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2019/20 pola Orde do 30 de abril de 2019 (DOG núm. 92, do 15 de maio), e tendo en conta os seguintes

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 2 de agosto de 2019, unha vez examinadas as solicitudes presentadas para o Centro Residencial Xuvenil LUG, a comisión cualificadora emitiu un informe a este órgano instrutor.

Segundo. No antedito informe, a comisión cualificadora indica que o número de solicitudes presentadas resultou ser igual ao número de prazas convocadas, non sendo necesario, por tanto, aplicar os criterios de selección establecidos no artigo 9 e sen que haxa persoas excluídas e tampouco lista de agarda.

Vistos os antecedentes citados e tendo en conta o disposto no artigo 11 da citada orde e os demais preceptos normativos de xeral e pertinente aplicación, esta xefatura territorial resolve:

Primeiro. Adxudicar as prazas e aprobar a relación definitiva dos procedementos BS303B e BS303D de admitidos/as para o Centro Residencial Xuvenil LUG, para o curso académico 2019/20, que figuran como anexo á presente resolución, á vista das solicitudes presentadas en prazo regulamentario, con base no artigo 1 e demais requisitos exixidos na convocatoria,

Segundo. Facer pública a dita relación mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, http://xuventude.net, con carácter complementario.

Terceiro. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Lugo, 2 de agosto de 2019. A conselleira de Política Social. P.D. (Artigo 12.1 da Orde do 30.4.2019; DOG núm. 92, do 15.5.2019). Cristina Abades Martínez, xefa territorial de Lugo.

ANEXO I

Admitidos/as

Procedementos BS303B e BS303D

BS303B Prazas de residencias xuvenís para estudantes. Persoas admitidas:

Nº de orde

Apelidos e nome

DNI

1

Lestido Cardama, Yago

***9788**

2

Fresco Rey, Laura

***2848**

3

Lago López, Laura

***9009**

4

Tejo Calviño, Ana

***1073**

5

Carballal Corral, Noelia

***4547**

6

Laya Martínez, Jacobo

***6173**

7

Ces González, Elisa

***2816**

8

Montero Vieitez, Manuel

***5672**

9

Fleire López, Carlos

***7235**

10

Fernández Castro, Luis

***1047**

11

Fernández Sánchez, Rubén

***8720**

12

Díaz García, Álvaro

***2952**

13

López Vidal, María

***0420**

14

Vázquez Carregal, María

***4619**

15

García Castro, Gonzalo

***0946**

16

Gómez Carro, Desireé

***3740**

17

Romón Pazos, Joaquín

***2328**

18

Fernández González, Laura

***8703**

19

Avilés Carballo, Soraya

***2594**

20

Aguete Naveira, Alan

***8939**

21

Nogueira Fuertes, Xoana

***8547**

22

Silva Rodríguez, Enrique

***9535**

23

Arias Álvarez, Mario

***5006**

24

Pegler, Maya Úrsula

***5212**

25

Gómez Barral, Cristina

***4624**

26

González López, Marta

***9703**

27

Rodríguez López, Elena

***2250**

28

Ríos Otero, Marcos

***5699**

29

Tato Penas, Rafael

***0048**

30

Ferreiro Rendo, Alba

***9334**

31

Álvarez Jorge, Alba

***7712**

32

López Casal, Uxía

***5872**

33

López Pumarega, Sonia

***9774**

34

Ramos Román, Andrea

***8952**

35

González Pérez, Mateo

***2064**

36

Álvarez Becerra, Cristina

***8425**

37

Rodríguez Vázquez, Laura

***03357K

38

Mosteiro Cagide, Virginia

***01695S

39

Espín de Almeida, Vanessa

***5018**

40

Díaz Salas, Aleix

***9207**

41

De la Iglesia Bascoy, Andrea

***1121**

42

Rodríguez Fariñas, Laura

***3085**

43

Graíño Pita, Javier Vicente

***0867**

44

Suárez Castillo, Iria

***0343**

45

Lage Loureiro, María

***4529**

46

Rey Silva, Alba

***0497**

47

Duarte Ingerto, Odei

***7728**

48

Mirad Boto, Lidia

***2409**

49

Pérez López, David

***9291**

50

Romero Blanco, Raquel

***4112**

51

Lefsahy, Ilyasse

***3380**

52

Lefsahiy, Mohamed

***3384**

53

Parajuá Carpintero, Inés

***1005**

54

Parajuá Carpintero, Laura

***1005**

55

Freire Gil, Adrián

***1293**

56

Moure Segade, Antón

***9271**

57

Rivera Meitín, Jorge

***8225**

58

Delpueblo López, Miguel

***0221**

59

Araújo Martínez, Laura

***8906**

60

Rodríguez Rodríguez, Fernando

***9040**

61

Fernández Blanco, Christian

***9230**

62

Álvarez Romero, Lara

***9335**

63

Sanmartín Gutiérrez, Pablo

***0227**

64

Fidalgo Valiño, Natalia

***9191**

65

Álvarez Nicolino, Álgel

***3155**

66

Pérez Miguel, Beatriz

***2914**

67

Gegunde Irimia, Nuria

***9000**

68

Mourelos Jurjo, Inés Icíar

***9413**

69

Zarza Vieites, Rubén

***8450**

70

Rodríguez Valín, Andrea

***8672**

71

Alamayona Lacarra, Diego

***9672**

72

Irimia López, Jeannette

***9150**

73

Martínez Núñez, Alejandro

***7757**

74

Fernández García, Alba María

***5919**