Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 29 de agosto de 2019 Páx. 38230

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se publica a Resolución do 31 de xullo de 2019, ditada nos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as como residentes na Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas para o curso académico 2019/20.

No Diario Oficial de Galicia número 92, do 15 de maio de 2019, publícase a Orde do 30 de abril de 2019 pola que se convocan prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2019/20, en réxime de concorrencia competitiva.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:

Cidade

Residencia

Núm. de prazas

Lugo

Centro Residencial Xuvenil LUG

74 Home/muller

Ourense

Florentino López Cuevillas

55 Home/muller

Vigo

Altamar

87 Home/muller

Do total de prazas resérvase un 9 % para mozos e mozas que desempeñen unha actividade profesional. No suposto de que non se cubran todas as prazas reservadas a persoas que desenvolvan unha actividade profesional coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes ofertaranse a estudantes.

No artigo 12.1 establece que por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social a resolución de adxudicación das prazas, a relación definitiva de persoas admitidas e a lista de espera coa puntuación obtida serán aprobadas e notificadas pola persoa titular da xefatura territorial de cada provincia onde radique a residencia no prazo máximo de catro meses, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, deberá entenderse desestimada a solicitude correspondente. As ditas relacións notificaranse de acordo co establecido no artigo 7.

Na disposición derradeira primeira apróbase a delegación de competencias da persoa titular da Consellería de Política Social na persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Política Social en función do seu respectivo ámbito territorial, para resolver a adxudicación de prazas e a perda do dereito nas residencias xuvenís dependentes da consellería.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 7 e 12 da referida Orde do 30 de abril de 2019, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, http://xuventude.net con carácter complementario.

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 31 de xullo de 2019 ditada nos procedementos BS303B, prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D, prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as como residentes para a Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, para o curso académico 2019/20, e na páxina web http://xuventude.net

Segundo. Comunicar que a Resolución do 31 de xullo de 2019 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 5 de agosto de 2019

María José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Resolución do 31 de xullo de 2019, ditada nos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Política Social, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos/as na Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas para o curso académico 2019/20

Convocada a oferta de prazas para os procedementos BS303B e BS303D nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2019/20 mediante a Orde do 30 de abril de 2019 (DOG núm. 92, do 15 de maio), e tendo en conta os seguintes

Antecedentes:

Primeiro. Con data do 31 de xullo de 2019, unha vez examinadas as solicitudes presentadas para a Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, a comisión cualificadora emitiu un informe a este órgano instrutor.

Segundo. No antedito informe a comisión cualificadora indica que o número de solicitudes presentadas resultou ser inferior ao número de prazas convocadas. Non será necesario, por tanto, aplicar os criterios de selección establecidos no artigo 9, e sen que haxa persoas excluídas e tampouco lista de espera.

Vistos os antecedentes citados e tendo en conta o disposto no artigo 11 da citada orde e os demais preceptos normativos de xeral e pertinente aplicación, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar as prazas e aprobar a relación definitiva dos procedementos BS303B e BS303D de admitidos/as para a Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, para o curso académico 2019/20, que figuran como anexo a esta resolución, á vista das solicitudes presentadas en prazo regulamentario, con base no artigo 1 e demais requisitos exixidos na convocatoria.

Segundo. Facer pública a dita relación mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, http://xuventude.net, con carácter complementario.

Terceiro. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Ourense, 31 de xullo de 2019.

A conselleira de Política Social. P.D. (artigo 12.1 da Orde do 30 de abril de 2019; DOG núm. 92, do 15 de maio). María José Fernández Laso, xefa territorial de Ourense.

ANEXO

Admitidos/as

Procedementos BS303B e BS303D

BS303B Prazas de residencias xuvenís para estudantes. Persoas admitidas

Apelidos e nome

DNI

1

Lusquiños Otero, Diego

***1327**

2

Sánchez Calvo, Pedro

***9366**

3

Bañales Echarri, Eunate

***7015**

4

Álvarez Mariño, Andrea

***9789**

5

Soto de la Concepción, Andrés

***5090**

6

Veiga Teixeira, Lucía

***5574**

7

Illan Verge, Laura

***5473**

8

Armesto Grandio, Javier

***9108**

9

Rodríguez Garcés, Fernando

***9574**

10

Bernardes Pintos, Paula

***6620**

11

Fernández Rodríguez, Kilian

***4350**

12

Doval Heerbon, José

***8766**

13

Rodríguez Martínez, David

***8139**

14

Cortegoso Budiño, Jacobo

***7015**

15

Amigo Fernández, Alexis

***8190**

16

Estévez Moreno, Natalia

***6337**

17

Macía Rodríguez, Emilio

***9842**

18

Raña Veloso, Paula

***7533**

19

Avendaño Mauriz, Pablo

***2830**

20

Cerredelo Prieto, Pedro

***1581**

21

López Rodríguez, Sara

***6274**

22

Ferreira Domínguez, Álvaro

***3126**

23

Fernández Menduiña, Diego

***49078**

24

Barbeito Pérez, Sara

***2852**

25

Cegarra Mauriz, Vladislab

***5697**

26

Dasilva Lorenzo, José

***2997**

27

Alonso González, Clara

***6138**

28

Álvarez Romero, Lara

***9335**

29

Álvarez Losada, Alfredo

***6329**

30

Gabella Ocampo, Diego

***3547**

31

Francisco Justo, Lara

***2943**

32

Pérez García, Claudia

***9433**

33

Pinto Peña, Lidia

***1042**

34

Iglesias Rodríguez, Yeabsera

***4481**

35

Franco Orol, David Ángel

***0255**

36

Merelas Sánchez, Alba

***0833**

37

Jorge Carreiro, Christian

***8466**

38

Alonso Garrido, Miguel

***4660**

39

Santiago Hidalgo, Raúl

***9377**

40

Lama Opazo, Sara

***3238**

41

Barcala Soto, Enrique José

***3098**

42

Castro Martínez, Miguel

***2546**

43

Álvarez Álvarez, Óscar

***9011**

44

González Martínez, Sofía

***2494**

45

Domínguez Fornos, Álex

***2920**

46

González Boussaden, Nora María

***6344**

47

Paradela Alonso, Iván

***2972**

48

Varela Díaz, Manuel

***3634**

49

Rodríguez Rey, Pablo

***7975**

50

García García, Alberto

***3152**