Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 30 de agosto de 2019 Páx. 38418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 20 de agosto de 2019 polo que se lle notifica á persoa interesada o requirimento de documentación en relación co procedemento de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

A Academia Galega de Seguridade Pública remitiu escrito de requirimento de documentación relativo co procedemento de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, regulado polo Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, modificado polo Decreto 35/2017, do 30 de marzo, da persoa interesada que se indican no anexo.

Intentada por dúas veces a notificación do citado requirimento a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola persoa interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foi devolta polo dito servizo.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do presente anuncio, notifícalle á persoa interesada que se indica no anexo o requirimento antes citado.

A persoa interesada pode recoller o requirimento mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, infórmase á persoa interesada que, de conformidade co artigo 68.1 da citada lei, transcorrido o dito prazo sen que compareza, teráselle por desistida da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21.

Contra a referida resolución, que non lle pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer a persoa interesada, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto nos parágrafos anteriores sen que a persoa interesada compareza, un recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, conforme as previsións da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Estrada, 20 de agosto de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Olmo Asis de Paz Dorado.

Acto notificado: requirimento de documentación relativo co procedemento de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.