Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 30 de agosto de 2019 Páx. 38420

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 2 de agosto de 2019 polo que se lles notifican as resolucións de cesión temporal de predios con vocación agraria ás persoas interesadas que se indican no anexo deste anuncio.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións de cesión temporal de predios con vocación agraria.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

As persoas interesadas poden coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias de Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2019

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente

Procedemento

DNI

Acto que se notifica

20093200252-2011-2132

Cesión temporal de predios do Banco de Terras de Galicia

76775190V

Resolución de cesión temporal de predios

20071500013-2016-6966

Cesión temporal de predios do Banco de Terras de Galicia

54126622D

Resolución de cesión temporal de predios